Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2016 Páx. 6425

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (445/2015).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 445/2015 PM

Xulgado de orixe/autos: execución de títulos xudiciais 58/2014 Xulgado do Social número 3 de Pontevedra

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado/a: Servizo Xurídico Seguridade Social

Recorridos: Mutua Asepeyo, Construcciones Generales Rodríguez, S.L.

Avogada: Cristina Gloria González de la Rasilla

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 445/2015 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a empresa Mutua Asepeyo e Construcciones Generales Rodríguez, S.L., sobre incidentes de execución, ditouse resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola Dirección Letrada da Administración da Seguridade Social, actuando en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social, contra o auto ditado polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, do 27 de outubro de 2014, que confirma o anterior do 20 de febreiro de 2014, nos autos de execución 34/2006, seguidos por instancia da Mutua Asepeyo, fronte á empresa Construcciones Generales Rodríguez, S.L. e o Instituto Nacional da Seguridade Social, debemos confirmar e confirmamos integramente a devandita resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de dezaseis díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os dezaséis díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Generales Rodríguez, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza