Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2016 Páx. 6427

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (55/2012).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza, no día de hoxe, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza: 203/2015.

Xuíz que a dita: Javier Tudela Guerrero.

Lugar: Ferrol.

Data: 29 de xullo de 2015.

Demandante: Manuel Dobarro Calvo.

Avogada: María Belén Gómez Casado.

Procuradora: Covadonga González-Irun Rodríguez.

Demandado: Najat Hadzaqui Sennak.

Procedemento: procedemento ordinario 55/2012.

Resolución:

Debo estimar e estimo substancialmente a demanda presentada por Manuel Dobarro Calvo contra Najat Hadzaqui Sennak e condénoa a reintegrarlle a cantidade de nove mil seiscentos oitenta e un euro con setenta e catro céntimos (9.681,74 €), con xuros ao tipo legal desde o día 19.1.2012 ata o seu completo pagamento.

As custas impóñense á demandada.

Contra esta sentenza pode interpoñerse recurso de apelación que se interpoñerá, ante este mesmo xulgado, no prazo de vinte días contado desde o seguinte á súa notificación, e do que coñecerá a Audiencia Provincial. De conformidade co disposto na disposición adicional décimo quinta da LOPX, nos seus números 4 e seguintes, para a interposición do devandito recurso será precisa a consignación como depósito de 50 euros, cantidade que será ingresada na conta de consignacións xudiciais deste xulgado.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Najat Hadzaqui Sennak, expedirase este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ferrol, 29 de xullo de 2015

O/a secretario/a xudicial