Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2016 Páx. 6429

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (645/2015).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamento en xeral 645/2015 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Ramón Goimil Señarís contra Sumtec, S.L.; Puertas Blindex, General Panels y otros, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Dáse por desistido a José Ramón Goimil Señarís da acción exercida fronte á entidade Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L.

Debo rexeitar e rexeito a demanda que en materia de resolución de contrato e despedimento foi interposta por José Goimil Señarís contra as entidades Sumtec, S.L.; Puertas Blindex, S.L.; General Panels, S.L.; Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L. e a Administración concursal de Sumtec, S.L., ao concorrer a excepción de falta de xurisdición alegada. Remitirase á xurisdición mercantil o exercicio das súas reclamacións.

Debo admitir e admito a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Ramón Goimil Señarís contra as entidades Sumtec, S.L.; Puertas Blindex, S.L.; General Panels, S.L. e a Administración concursal de Sumtec, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente a Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L. y la Administración concursal de Sumtec, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 10.942,19 € brutos por salarios xerados entre outubro de 2014 e abril de 2015, ambos os dous incluídos, así como o xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais.

Debo rexeitar e rexeito a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Ramón Goimil Señarís contra a entidade Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., á cal debo absolver do pedimento na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, a maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5, Piar Carreira Vidal».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Puertas Blindex, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando a copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de febreiro de 2016

O/a secretario/a xudicial