Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2016 Páx. 6510

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2016 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no terceiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AGI) no terceiro cuadrimestre do ano 2015 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega
de Infraestruturas no terceiro cuadrimestre do ano 2015

Convenio

Importe achegado pola AGI (€)

Data de sinatura

Addenda núm. 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Arteixo para o traslado da pasarela peonil afectada polas obras de acondicionamento da conexión das estradas AC-552, AC-551 e DP-0509

125.000,00

22.10.2015

Addenda núm. 2 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Oza-Cesuras para a mellora do Camiño Real

631.756,79

28.10.2015

Addenda núm. 5 ao convenio asinado o día 14.4.2010, entre a Xunta de Galicia e Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria da Xunta de Galicia, S.A., polo que se regula a bonificación da peaxe das autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e Puxeiros-Val Miñor (AG-57)

2.533.268,42

30.11.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Vilasantar para a execución das actuacións na travesía urbana da AC-194 no núcleo de Vilasantar-Raposeiras

294.753,76

17.12.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Ourense para a reparación da ponte do Milenio e formalización da súa entrega ao concello

548.628,12

17.12.2015

Addenda núm. 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e os concellos de Pantón, Nogueira de Ramuín e A Peroxa para a execución de actuacións de mellora da seguridade viaria no contorno dos Peares

60.000,00

23.12.2015

Addenda núm. 2 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas, o ente público Portos de Galicia e o Concello de Moaña para a continuación do paseo marítimo de Moaña ata o paseo da Xunqueira (tramo da Seara)

210.070,68

28.12.2015

Convenio entre a Xunta de Galicia e Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria da Xunta de Galicia, S.A., polo que se regula a bonificación da peaxe das autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e Puxeiros-Val Miñor (AG-57)

2.360.000,00

30.12.2015