Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2016 Páx. 6512

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2016 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2015 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2016

Manuel Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación
nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2015

Convenio

Data de sinatura

Importe total (€)

Convenio de colaboración entre a Gain e a Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia para fomentar a transferencia e internacionalización da I+D+i desenvolvida en Galicia

3.9.2015

429.150

Convenio de colaboración entre a Gain, o Igape e o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial Esteban Terradas (INTA) para a creación do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR), como centro mixto de titularidade compartida entre as institucións signatarias

1.10.2015

900.000

Convenio de colaboración entre a Gain, o Igape; Xesgalicia Sociedade Xestora de Entidades de Capital Risco, S.A., o Consorcio da Zona Franca de Vigo e Vigo Activo, Sociedad de Capital de Riesgo de Régimen Simplificado, S.A. para o desenvolvemento da terceira edición do programa VíaVigo

8.10.2015

2.250.000

Convenio de colaboración entre a Gain, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para fomentar a actividade investigadora do persoal investigador finalista nas convocatorias de axudas do ERC no marco do H2020

16.10.2015

250.000

Convenio de colaboración entre a Gain e a Asociación Bioga-Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida para a implementación dun plan de actividades para impulsar a competitividade, a innovación e o potencial da biotecnoloxía como tecnoloxía facilitadora esencial do tecido empresarial galego

16.10.2015

156.000

Convenio de colaboración entre a Gain e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos-Centro Nacional de Conservación de Produtos da Pesca (Anfaco-Cecopesca) para impulsar a nanotecnoloxía como tecnoloxía facilitadora esencial no desenvolvemento do proxecto de posta en valor dos recursos mariños para a obtención de compostos bioactivos e o deseño de alimentos funcionais

17.12.2015

850.000

Convenio de colaboración entre a Gain e a Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez para impulsar a nanotecnoloxía como tecnoloxía facilitadora esencial no desenvolvemento do proxecto de innovación en nanomedicina: deseño de nanoestruturas para o tratamento e a diagnose do cancro e do ictus

17.12.2015

800.000

Convenio de colaboración entre a Gain e a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia para impulsar a nanotecnoloxía como tecnoloxía facilitadora esencial no desenvolvemento dun proxecto no ámbito do ciclo integral da auga-waternanoenv

17.12.2015

908.500

Convenio de colaboración entre a Gain e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do proxecto de infraestruturas e equipamento para a consolidación da liña de investigación en xeración de radioisótopos da USC

17.12.2015

175.000

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre o Ministerio de Economía e Competitividade e a Xunta de Galicia para o desenvolvemento da Estratexia española de innovación na Comunidade Autónoma de Galicia

30.12.2015

Sen achega económica adicional

Convenio marco de colaboración entre o Ministerio de Economía e Competitividade e a Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia para o fomento da compra pública innovadora na Comunidade Autónoma de Galicia

30.12.2015

Sen achega económica