Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2016 Páx. 6535

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (61/2015).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento número 61/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Gudín Graña contra a empresa Callidora Aesthetic, S.L., sobre cantidade, se expediu a seguinte providencia:

Providencia da maxistrada xuíza: Celeste Ameneiro Sanín.

Lugo, 1 de febreiro de 2016.

Por necesidades do servizo suspéndense os actos de conciliación e xuízo sinalados nas presentes actuacións para o día 21.9.2016, ás 10.20 horas, e sinálanse novamente para o día 15.7.2016, ás 10.20 horas. Cítanse as partes en legal forma e coas advertencias legais, as cales deberán concorrer ao acto para o cal son citadas con todos os medios de proba de que se intenten valer. O acto non se suspendera pola incomparecencia dos demandados.

– Mantéñense todas as decisións adoptadas para a precedente vista suspendida.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a. O/A secretario/a xudicial.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación e citación á empresa Callidora Aesthetic, S.L., expídese este edicto.

Lugo, 2 de febreiro de 2016

O secretario xudicial