Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2016 Páx. 6533

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (646/2015).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 646/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raquel Silveira Ramilo contra Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

Considérase que Raquel Silveira Ramilo desiste da acción exercida fronte á entidade Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de resolución de contrato e despedimento interpuxo Raquel Silveira Ramilo contra as entidades Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L. e Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., administración concursal de Sumtec, S.L., ao concorrer a excepción de «falta de xurisdición» alegada, polo que se remite á xurisdición mercantil o exercicio das súas reclamacións.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Raquel Silveira Ramilo contra as entidades Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L. e a administración concursal de Sumtec, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente a Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L. e a administración concursal de Sumtec, S.L., a que aboen á demandante a cantidade de 13.422,36 € brutos por salarios devindicados entre outubro de 2014 e abril de 2015, ambos inclusive, así como o xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Raquel Silveira Ramilo contra a entidade Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., a que debo absolver do solicitado na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Puertas Blindex, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial