Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2016 Páx. 6893

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial da Coruña (Sección 6ª Civil e Penal de Santiago de Compostela)

EDICTO (128/2015).

Na peza de apelación de referencia ditouse sentenza o 11 de novembro de 2015, na cal é parte apelante Josefa Mena Requena, representada polo procurador Sr. Martínez Lage, contra a Clínica Vitaldent Inicia Dental, S.L., cuxa decisión é literalmente a seguinte:

«Debemos desestimar e desestimamos o recurso de apelación interposto pola representación de Josefa Mena Requena e confirmamos a sentenza do 17 de novembro de 2014 do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, ditada no xuízo ordinario 318/2013, con imposición á apelante das custas desta alzada.

Notifíqueselles esta resolución, en legal forma, ás partes e fágaselles saber, conforme preceptúa o artigo 248.4 da Lei orgánica do poder xudicial, que contra ela cabe recurso de casación por interese casacional que deberá ser interposto perante esta sección no prazo de vinte días desde a notificación da sentenza.

Dentro do prazo legal, devólvanse as actuacións orixinais con testemuño da presente resolución ao xulgado de procedencia, para a súa execución e cumprimento.

Así por esta nosa resolución da cal se poñerá certificación literal na peza de sala da súa razón, incluíndose o orixinal no libro correspondente, pronunciámolo, mandámolo e asínamolo».

Seguen as sinaturas.

Como consecuencia do ignorado paradoiro da Clínica Vitaldent Inicia Dental, S.L., expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2016

Francisco Javier Pedreira Sánchez
Letrado da Administración de xustiza