Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2016 Páx. 6894

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (245/2015).

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 245/2015 desta sección, seguido por instancia de Grupo Ibérica de Congelados, S.A. contra o Instituto Social da Mariña, Iberconsa de Argentina, S.A., José Ramón Corbacho Márquez, API Antártida Pesquera Industrial, S.A., Vasga Pesca, S.A., Pesquera del Atlántico, S.A., Ocemar, S.A., Pesquera Santodomingo, S.A., Estela Pesquera, S.L., sobre xubilación, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que desestimamos o recurso de suplicación formulado por Grupo Ibérica de Congelados, S.A. contra a Sentenza do 21 de abril de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo en autos nº 685/2013, sobre pensión de xubilación, seguidos por instancia de José Ramón Corbacho Márquez contra a recorrente e contra ISM Pesquera Santodomingo, S.A., Ocemar, S.A., API-Antártida Pesquera Industrial, S.A., Iberconsa de Argentina, S.A., Estela Pesquera, S.L. e Vasga Pesca, S.A., resolución que se mantén na súa integridade.

En canto ao depósito, aseguramento e custas obsérvese o razoado.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Para que sirva de notificación en legal forma a API Antártida Pesquera Industrial, S.A., Vasga Pesca, S.A., Pesquera del Atlántico, S.A., Ocemar, S.A., Pesquera Santodomingo, S.A. e Estela Pesquera, S.L., todas elas con último domicilio coñecido na Riouxa-Teis; Edificio Iberconsa-Frigalsa, Vigo, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza