Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2016 Páx. 6902

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (209/2015).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 209/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio Manuel Cousillas Allo contra Talleres Fernández Coruña, S.L., Ifer Coruña, S.L. e o Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 2 da Coruña

Sentenza 563/2015

Número de autos 209/2015 e acumulados autos número 928/2015

A Coruña, 13 de novembro de 2015

María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 209/2015, aos cales se acumularon os autos seguidos co número 928/2015, sendo parte neles, dunha banda, como demandante, Julio Manuel Cousillas Allo asistido polo letrado Sr. Pousa, e, doutra, como demandadas, as entidades Talleres Fernández Coruña, S.L. e Ifer Coruña, S.L., que non comparecen, e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non comparece, sobre resolución de contrato e despedimento, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza

Decido:

Estímase a demanda interposta por Julio Manuel Cousillas Allo fronte ás entidades Ifer Coruña, S.L. e Talleres Fernández Coruña, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase extinguido con data da presente resolución o contrato de traballo que unía á demandante coas demandadas.

– Declárase improcedente o despedimento do demandante comunicado por burofax do 25 de marzo de 2015.

– Condénanse as entidades demandadas a aboarlle solidariamente ao demandante a cantidade de 17.072,25 euros en concepto de indemnización por despedimento improcedente, a de 20.399,15 euros en concepto de salarios de tramitación e a cantidade de 13.182,15 euros en concepto de cantidades salariais pendentes de pagamento.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o deposito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña».

Publicada no día da súa data.

Para que conste e sirva de notificación a Talleres Fernández Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para publicar no Diario Oficial de Galicia e colocar no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 13 de novembro de 2015

A secretaria xudicial