Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2016 Páx. 6900

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (368/2014).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento Seguridade Social 368/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Pizzería Pío Nono, S.L. e Yago Souto Hurtado, sobre seguridade social, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión din:

«Sentenza.

A Coruña, 3 de febreiro de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 368/2014 en que son parte, dunha banda, como demandante, Mutua Fremap, representada pola letrada María de los Ángeles Gómez Lage, e como demandados Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, representados pola letrada Belén Guerra Díaz, Pizzería Pío Nono, S.L., que non comparece, e Yago Souto Hurtado, que non comparece, sobre responsabilidade empresarial e reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza

Decido que, estimando a demanda interposta pola Mutua Fremap contra os demandados INSS, TXSS e Pizzería Pío Nono, S.L., debo declarar e declaro a responsabilidade directa e principal da empresa no aboamento dos gastos por prestacións e asistencia sanitaria anticipados pola mutua demandante como consecuencia do accidente padecido polo traballador, e a responsabilidade subsidiaria do INSS e TXSS en caso de insolvencia empresarial; en consecuencia, condeno a empresa demandada con carácter principal e o INSS e TXSS co carácter subsidiario que se dixo a reintegrarlle á mutua demandante 49.889,66 €.

Apróbase a desistencia respecto de Yago Souto Hurtado.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e que deberá anuncialo perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

Para que sirva de notificación en legal forma a Pizzería Pío Nono, S.L., expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG)».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial