Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2016 Páx. 6898

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (908/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 908/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Erica Verónica Arredondo Villaruel contra a empresa administración concursal de Trebalugue, S.L.U., Trebalugue, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión din:

Sentenza.

Na Coruña o tres de febreiro de dous mil dezaseis.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 908/2013 en que son parte, dunha banda, como demandante, Erica Verónica Arredondo Villaruel, representada polo letrado Felipe Martínez Ramonde, e como demandados Trebalugue, S.L., que non comparece, con intervención procesual da administración concursal de Trebalugue, S.L., que non comparece, e Fogasa, que non comparece, sobre salarios, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza

Decido:

Que, estimando a demanda interposta pola demandante Erica Verónica Arredondo Villaruel debo condenar e condeno a empresa Trebalugue, S.L.U. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.655,65 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

Para que sirva de notificación en legal forma a Trebalugue, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial