Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2016 Páx. 6873

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2016 pola que se dá publicidade á denegación de axudas de pagamento único da campaña 2014-2015.

Mediante a Orde do 18 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 37, do 24 de febreiro) a Consellería do Medio Rural e do Mar regulou a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e as axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2014.

O artigo 28 da citada orde dispón que as resolucións poderán ser notificadas de acordo co establecido no artigo 59.6.b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. De conformidade co establecido no dito artigo, a notificación realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Por outra banda, de conformidade co artigo 7.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 7/2014, do 16 de xaneiro, polo que se aprobaron os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria (de aquí en diante Fogga), atribuíuse á Dirección do Fogga a potestade de resolver os procedementos de concesión de axudas que se tramiten no ámbito das súas competencias.

Base legal:

Orde do 18 de febreiro de 2014 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2014.

Logo do informe da Subdirección Xeral de Xestión da PAC e de acordo coa proposta de resolución da Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria da Consellería do Medio Rural,

RESOLVO:

Denegar as axudas de pagamento único correspondentes á campaña 2014-2015 aos solicitantes relacionados no anexo e polos motivos indicados nel.

O dito anexo, xunto con esta resolución, publicarase na páxina web do Fondo Galego de Garantía Agraria: http://www.medioruralemar.xunta.es/fogga/

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante a presidenta do Fogga, no prazo dun mes, de conformidade co disposto no artigo 5.2 do Decreto 7/2014, do 16 de xaneiro, e nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A presentación do recurso poderá facerse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2016

Belén María do Campo Piñeiro
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria