Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2016 Páx. 6970

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de licitación de contrato do servizo de axuda no fogar.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: servizo de axuda no fogar.

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución: dous (2) anos (prorrogables por anualidades ata un máximo de 2. Duración total do contrato incluídas as prórrogas: 4 anos).

Código CPV: 85312000-9. Servizos de asistencia social sen aloxamento.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Sen IVE: 1.102.548,00 € IVE (4 %): 44.101,92 €. Total (IVE incluído): 1.146.649,92 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa; praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa e na plataforma de licitación electrónica da Administración local de Galicia http://www.leal.gal. Teléfono: 986 09 92 00, fax: 986 50 34 27, páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: quince (15) días contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG. Lugar: plataforma de licitación electrónica da Administración local de Galicia http://www.leal.gal. Documentación: a exixida na cláusula 12 dos pregos.

Admisibilidade de variantes ou melloras: si.

9. Apertura do sobre C: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), o día fixado no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares, circunstancia que será comunicada a través da plataforma de licitación aos licitadores e publicado no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xere a licitación do contrato serán por conta do adxudicatario ata o límite de 2.000 €, así como os demais indicados na cláusula 23 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Vilagarcía de Arousa, 8 de febreiro de 2016

Alberto Varela Paz
Alcalde