Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7362

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2016, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-01901-O-2015 e cinco máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra acordou a incoación do expediente sancionador número PO-01901-O-2015 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento.

Pontevedra, 1 de febreiro de 2016

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-01901-O-2015

7299-JBT

Garda Civil 3601 Q92637T

José Juan García Somozas

52500485H

Pizarro, nº 8, 1 A,

36204 Vigo (Pontevedra)

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

3.3.2015; 16.46; AP-9; 137,5

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

PO-03656-O-2015

7124-DKJ

Garda Civil 3604 C73830V

Adis Car Iberica, S.L.

B27720598

Cm. Cotobade, nº 10, Candeán

36317 Vigo (Pontevedra)

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

20.6.2015; 03.02; AP-9; 137,5

Art. 140.34 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-03669-O-2015

C-2184-CC

Garda Civil 3603 I65497Q

Restaurante Ana Brenlla, S.L.

B15239767

República Argentina, nº 9,

15701 Santiago de Compostela

(A Coruña)

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

22.6.2015; 19.05; PO-552; 5,2

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-03799-S-2015

PO-4897-BN

Policía Municipal 294477

Patricia Osorio Álvarez

36149773Y

r/ Redondo, nº 40, bloque 5, 1º H

36212 Vigo (Pontevedra)

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

25.6.2015; 10.45; avenida Buenos Aires

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-04107-O-2015

7924-FHF

Garda Civil 3601 A91977R

Frigoríficos Sete Pías, S.L.

B36530749

Políg. Ind. Sete Pías, 24

36630 Cambados (Pontevedra)

Realizar transporte público ao abeiro dunha autorización caducada, revocada ou que por calquer outra causa perdese a súa validez.

6.8.2015; 9.45; AG-41; 0,4

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-04181-O-2015

9179-BPF

Garda Civil 3601 P64763G

José Juan García Somozas

52500485H

Pizarro, nº 8, 1 A

36204 Vigo (Pontevedra)

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

4.5.2015; 10.56; PO-542; 5,5

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 euros