Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2016, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-00052-O-2015 e catro máis).

A persoa titular da Servizo de Mobilidade de Pontevedra ditou a resolución dos expedientes sancionadores número PO-00052-O-2015 e outros catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva en vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, la interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 1 de febreiro de 2016

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-00052-O-2015

2616-DFR

Garda Civil 3603 A23980M

Reboredo González, María Soledad

36049586F

Avda. Alcalde Portanet, 23, 6º D,

36210 Vigo,

Pontevedra

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.
19.10.2014; 17.54.00; A-52; 278,8

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

PO-00123-O-2015

PO-4839-AZ

Garda Civil 3601 Q92637T

Distribuciones Lago Villanueva, S.L.

B36454585

Avda. Santa Marina, 100,

36800 Redondela,

Pontevedra

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

14.11.2014; 07.30.00; AP-9; 137,5

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

PO-00981-O-2015

7312-BCB

Garda Civil 3603 A23980M

Cash Converti

F94103231

Casal Aboy N1,

36000 Tui,

Pontevedra

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

7.1.2015: 08.05.00; PO-552; 71,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

PO-01982-O-2015

5234-CNH

Garda Civil 3603 U36333E

Leotráns 3000, S.L.

B70294566

R/ Simón Bolívar,

39, baixo, esquerda,

15011 Santiago de Compostela,

A Coruña

A realización de transportes públicos de mercadorías así como a contratación como carrexador ou a facturación en nome propio de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos, se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes á notificación do inicio do expediente.

9.3.2015; 18.43.00; AP-9; 160,0

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

PO-02201-O-2015

PO-0149-BK

Garda Civil 3603 A23980M

Distribuciones Marmel, C.B.

E27744614

Lugar de Torroso, 58,

36415 Mos,

Pontevedra

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

21.3.2015; 15.45.00; N-555; 0,05

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros