Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2016 Páx. 7820

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de limpeza do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Psíquica (CAPD) de Sarria (Lugo) (expediente 94/2015).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2º. Enderezo: rolda da Muralla, nº 70, baixo.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27071.

4º. Teléfono: 982 29 41 01.

5º. Fax: 982 29 49 74.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

d) Nº de expediente: 94/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de limpeza do CAPD de Sarria (Lugo).

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución: CAPD, rúa Ánxel Rodríguez Castedo, s/n, 27600 Sarria.

e) Prazo de execución: 6 meses e 12 días.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver prego.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: cincuenta e sete mil cento sesenta e sete euros con dezaseis céntimos (57.167,16 €).

IVE (21 %): doce mil cinco euros con dez céntimos (12.005,10 €).

Importe total: sesenta e nove mil cento setenta e dous euros con vinte e seis céntimos (69.172,26 €).

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver prego cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, nº 70, baixo, 27071 Lugo.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Lugo, na hora e na data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/ .

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 3 de febreiro de 2016

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo