De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; logo de intentada a notificación persoal, de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se puidese practicar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado pola instrutora do procedemento.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5, baixo, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2016
Sol Mª Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo
ANEXO
Expediente: 15R001-24-2015-SSP.
Interesada: Julián Rus Cañibano, S.L.
CIF/NIF: B33486721.
Acto notificado: proposta de resolución de expediente.