Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2016 Páx. 8007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se fai pública a formalización da contratación do arrendamento, sen opción de compra, de oito vehículos (expediente AB-EIV1-15-030).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: arrendamento.

b) Descrición: arrendamento, sen opción de compra, de oito vehículos.

c) Lotes: non.

d) CPV: 34100000-8.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 16.12.2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 82.620,00 €.

5. Orzamento base da licitación:

a) Importe neto: 55.080,00 €. IVE (21 %): 11.566,80 €. Importe total: 66.646,80 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data adxudicación: 26.1.2016.

b) Data de formalización do contrato: 1.2.2016.

c) Contratista: Talleres Rodosa, S.L.

d) Importe de adxudicación: 58.914,90 €, IVE incluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Vigo, 2 de febreiro de 2016

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo