Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2016 Páx. 7947

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 266/2015 BPB).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber, que no procedemento do recurso de suplicación 266/2015 desta sección, seguido por instancia da entidade Securitas Seguridad España, S.A. contra o Fogasa, Esabe Vigilancia, S.A. e José Riveiro Núñez, sobre reclamación de cantidade, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é o teor literal que segue:

«Desestimamos o recurso de suplicación formulado por Securitas Seguridad España, S.A. contra a sentenza ditada o 24.9.2014 polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela en autos nº 435-2013 sobre cantidades, seguidos por instancia de José Riveiro Núñez contra a recorrente e contra Esabe Vigilancia, S.A., resolución que se mantén na súa integridade.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2016

Letrada da Administración de xustiza