Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2016 Páx. 7945

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (538/2015).

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 538/2015-MRA

Xulgado de orixe/Autos: seguridade social 984/2013. Xulgado do Social número 2 de Lugo

Recorrente: Mutua Universal Mugenat

Graduada social: Eva López López

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa, Ferlosa, S.L., José Benito López Ferreiro, Carlos Rodríguez Prieto, Antonio Novoa López, Belarmino Sánchez Rodríguez

Avogados: Servizo Xurídico da Seguridade Social, Fogasa, Diego Garrido Rodríguez

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 538/2015 desta sección, seguido por instancia de Mutua Universal Mugenat contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa, Ferlosa, S.L., José Benito López Ferreiro, Carlos Rodríguez Prieto, Antonio Novoa López e Belarmino Sánchez Rodríguez, sobre incompetencia, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que, estimando o recurso de suplicación interposto por Mutua Universal-Mugenat-mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais número 10, contra a Sentenza do 13 de outubro de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Lugo, en Autos 984/2013, revogámola e, estimando a demanda reitora, declaramos a obriga de reintegro á mutua demandante do importe de 245.534,58 €, capitalizados para anticipar a prestación de Carlos Rodríguez Prieto, e condenamos ao seu aboamento a Ferlosa, S.L. e, no caso de insolvencia de tal empresa, ao Instituto Nacional da Seguridade Social e á Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Aferlosa, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se se trata de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 10 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial