Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2016 Páx. 7943

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4341/2015-RMR).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4341/2015

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 1041/2014 Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recurso de casación para unificación de doutrina número 18/2016-RMR

Recorrente: Fogasa

Avogado: Fogasa

Recorridos: Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., Juan José Vázquez Teo

Avogados: (…), Alberto Freijeiro Otero

Procuradora: (…), Isabel María Castiñeiras Fandiño

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 4341/2015, seguido por instancia de Juan José Vázquez Teo contra a empresa Estructuras Metálicas Gallegas, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución que literalmente di así:

«Dilixencia de ordenación

María Isabel Freire Corzo

A Coruña, dez de febreiro de dous mil dezaseis

O anterior escrito presentado polo letrado habilitado da Avogacía do Estado, en nome e representación do Fondo de Garantía Salarial, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario, e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o tivese designado.

Téñense por efectuadas as manifestacións contidas no outrosí digo do escrito e, en consecuencia, expediranse os testemuños das sentenzas sinaladas, con expresión da súa firmeza, as que se unirán á peza separada do recurso de casación unha vez que se formalice este.

Así mesmo, comunícaselle á recorrente que non é necesario presentar o xustificante do ingreso das taxas xudiciais ao interpor o recurso, ao non estar suxeito ao pagamento destas o recurso de casación para unificación de doutrina, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (consulta número V3674-13).

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte contra a que se recorre se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asino. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de febreiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza