Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2016 Páx. 7985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de febreiro de 2016 pola que se notifica a resolución de imposición dunha novena multa coercitiva SIL/67/2013-I1 (S-106/1996-AB), devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data 25 de novembro de 2015, ditou resolución pola que se impón unha novena multa coercitiva derivada do expediente sancionador SIL/67/2013-I1 (S-106/1996-AB), que foi incoado pola realización de obras executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, consistentes na elevación dun muro de peche, construción dun muro de contención e dunha edificación destinada a garaxe, no lugar de Pantín, termo municipal de Valdoviño (A Coruña).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a José Aneiros Gundín, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución o interesado pode interpor recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producida a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1 regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística