Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2016 Páx. 7987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 5 de febreiro de 2016 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición (expediente COR/48/2013-A1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 11 de decembro de 2015, resolución pola que se impón unha multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/48/2013 como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 15 de xullo de 2014, na que se ordena a demolición dunha caseta prefabricada con tipoloxía de vivenda, dúas casetas auxiliares e unha soleira de formigón, realizadas sen autorización autonómica, no lugar do Coto dos Borreiros, Castrillón, San Xurxo, no termo municipal de Ferrol, por resultar incompatibles co ordenamiento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Benjamín Caride Beceiro e Raquel Dopico Bellón, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día siguiente ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producida a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 de la LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística