Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2016 Páx. 8019

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 17 de febreiro de 2016 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2016/17.

Advertidos erros na Resolución do 17 de febreiro de 2016 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2016/17, publicada no DOG núm. 37, do 24 de febreiro de 2016, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 6.973, na letra a) do número 1) do artigo 3, onde di: «... ao 31 de xaneiro de 2015...», debe dicir: «... ao 31 de xaneiro de 2016...».

Na páxina 6.983, na letra o) do número 2.2) do artigo 8, onde di: «... diminución ou incremento de máis do 30 %...», debe dicir: «... diminución ou incremento de máis do 20 %...».

Na páxina 6.988, na alínea a) do artigo 16, onde di: «Diminución ou incremento dos ingresos en máis do 30 %...», debe dicir: «Diminución ou incremento dos ingresos en máis do 20 %...».

Na páxina 6.991, na disposición derradeira, onde di: «A presente resolución entrará en vigor el día seguinte al de su publicación en el Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia».

Na páxina 7.003, no anexo VII, no horario ofertado para a Escola Infantil da Fonsagrada para o curso escolar 2016/17 onde di: «9.00-19.00», debe dicir: «9.00-17.30».

Na páxina 7.005, no anexo VII, no horario ofertado para a Escola Infantil de Mondoñedo para o curso escolar 2016/17 onde di: «8.30-16.30», debe dicir: «8.00-16.30».

Na páxina 7.005, no anexo VII, no horario ofertado para a Escola Infantil de Muros-Freixeiros para o curso escolar 2016/17 onde di: «8.00-18.00», debe dicir: «8.00-17.00».

Na páxina 7.007, no anexo VII, no horario ofertado para a Escola Infantil de Salvaterra de Miño para o curso escolar 2016/17 onde di: «8.00-18.00», debe dicir: «8.00-17.30».

Na páxina 7.007, no anexo VII, no horario ofertado para a Escola Infantil de Santiago de Compostela-San Roque para o curso escolar 2016/17 onde di: «8.00-19.00», debe dicir: «8.00-18.00».

Na páxina 7.007, no anexo VII, no horario ofertado para a Escola Infantil de Tomiño para o curso escolar 2016/17 onde di: «7.30-19.00», debe dicir: «7.30-18.00».

Esta corrección de erros non modifica o prazo de presentación das solicitudes.