Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2016 Páx. 8018

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

ANUNCIO polo que se convoca proceso selectivo para a contratación de persoal temporal.

A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne convoca o proceso selectivo REF.PER.-2016/01, para a contratación, polo sistema de concurso e mediante contrato de duración determinada, de persoal científico-técnico con cargo a un proxecto de I+D+i.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (www.ceteca.net) e no taboleiro de anuncios da Fundación, no Parque Tecnolóxico de Galicia, avda. de Galicia, nº 4, 32900, San Cibrao das Viñas (Ourense).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

San Cibrao das Viñas, 25 de febreiro de 2016

Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne