Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2016 Páx. 7950

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui

EDICTO (F02 377/2014).

José Antonio Pascual Calderón, secretario xudicial do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 de Tui, polo presente anuncio:

No presente procedemento F02 377/2014 do Xulgado número 2 de Tui, seguido por instancia de Isabel Crespo Pérez fronte a Nuno Rafael Aguiar da Silva ten ditado sentenza, e encontrándose o devandito demandado, Nuno Rafael Aguiar da Silva, en paradoiro descoñecido, expídese o presente, co fin de que sirva de notificación, facéndolle saber que poderá ter coñecemento neste xulgado do contido íntegro da sentenza, contra a que cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días, contados desde o día seguinte á publicación do edicto, ante este xulgado para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

Tui, 10 de febreiro de 2016

Secretario xudicial