Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2016 Páx. 7951

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (185/2015).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 185/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Ana María Rodríguez Montes contra a empresa Belogatex, S.L.U., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Xulgado do Social número 2.

A Coruña.

Sentenza: 423/2015.

Número de autos: 185/2015.

Na cidade da Coruña o tres de setembro de dous mil quince.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do xulgado e localidade ou provincia A Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante Ana María Rodríguez Montes, que comparece asistida do letrado Sr. Pedro Pedreira Candal e doutra como demandado Belogatex, S.L.U., e Fondo de Garantía Salarial Fogasa, que malia estaren citadas en legal forma non compareceron.

En nome do rei ditou a seguinte:

Sentenza.

Decido que, estimando a demanda interposta por Ana María Rodríguez Montes, con citación do Fogasa, contra a empresa Belogatex, S.L.U., debo declarar e declaro improcedente o cesamento efectuado e extinguida a relación laboral na data da presente resolución, e condeno a entidade demandada a que lle aboe á demandante 29.830,86 € en concepto de indemnización.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicacion ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e que deberán anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio prazo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena no conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

Igualmente deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que no día de hoxe o maxistrado xuíz deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Mesma data que a sentenza. Dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Belogatex, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial