Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2016 Páx. 7953

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (396/2015).

Procedemento ordinario 396/2015

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Mónica Luna Hermida

Avogada: Elvira Couso Suárez

Demandado: Fondo de Garantía Salarial, Limpieza Veteris, S.L.

Alberto López Luengo, secretario do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Mónica Luna Hermida contra Fondo de Garantía Salarial, Limpieza Veteris, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 396/2015 se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Limpieza Veteris, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 14.4.2016 ás 11.40 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, aos cales poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Limpieza Veteris, S.L., expídese a presente cédula para publicar no Boletín Oficial da provincia e colocar no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2016

O secretario xudicial