Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2016 Páx. 7955

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (27/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 27/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Francisco Santos Dios contra Project Silicom Energy, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), se ditou a seguinte resolución:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2016.

Antecedentes de feito.

Único. Juan Francisco Santos Dios presentou escrito en que solicitaba a execución da Sentenza número 344/2015, do 29 de outubro de 2015, ditada no procedemento ordinario 604/2012, fronte a Project Silicom Energy, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Este Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución do título indicado, concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e que se debe despachar esta de conformidade co disposto no artigo 237 da LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa e por solicitude de execución presentada, a cantidade pola que se despacha execución é de 23.315,77 euros en concepto de principal (17.446,20 euros en concepto de salarios e outros, máis 5.869,57 euros en concepto dos xuros do artigo 29.3 do ET) e 2.331,57 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do artigo 251.1 da LXS, polo que non excede, para os primeiros, o importe dos que se percibirían durante un ano e, para as custas, o 10 % da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen o executado cumprir na súa integridade a obriga, se se apreciar falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se incumprir a obriga de manifestar bens ou se tiveren ocultado elementos patrimoniais transcendentes na dita manifestación, poderase incrementar o xuro legal que se vai aboar en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumprise na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución monetaria ou aboamento dos xuros procesuais, de procederen, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedase constituído ou, se é o caso, desde que a obriga declarada no título executivo for exixible, non se lle imporán as custas da execución que se tiveren instado, en aplicación do previsto no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, ditado o auto pola maxistrada, o secretario xudicial responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos no citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da Sentenza número 344/2015, con data do 29 de outubro de 2015, ditada no procedemento ordinario 604/2012, a favor da parte executante, Juan Francisco Santos Dios, fronte a Project Silicom Energy, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), parte executada, por importe de 23.315,77 euros en concepto de principal (17.446,20 euros en concepto de salarios e outros, máis 5.869,57 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 2.331,57 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que incorrese a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderase deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. Non será admisible a compensación de débedas como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta en Banco Santander, S.A., conta número 0049 3569 9200 0500 1274, indicando no campo concepto «Recurso», seguida do código «30 Social-reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o «código 30 Social-reposición». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes destes.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe. A maxistrada xuíza. O/a secretario/a xudicial».

«Decreto:

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2016.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Juan Francisco Santos Dios presentou demanda de execución da Sentenza número 344/2015, do 29 de outubro de 2015, ditada no procedemento ordinario 604/2012, fronte a Project Silicom Energy, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Segundo. Con data do 11 de febreiro de 2016, este órgano xudicial ditou auto en que despachaba orde xeral de execución pola cantidade de 23.315,77 euros en concepto de principal (17.446,20 euros en concepto de salarios e outros, máis 5.869,57 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 2.331,57 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Project Silicom Energy, S.L., realizada polo Decreto do 4 de febreiro de 2013, ditado por este órgano xudicial no procedemento ENX 128/2012, cuxa copia testemuñada se une aos autos para os efectos de constancia.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 239.4 da LXS que o órgano xurisdicional despachará a execución, sempre que concorran os presupostos e requisitos procesuais, o título executivo non adoeza de ningunha irregularidade formal e os actos de execución que se solicitan sexan conformes coa natureza e co contido do título.

Segundo. A orde xeral de execución, cuxo contido vén determinado no artigo 551 da LAC, subsidiariamente aplicable na xurisdición social, ditouse por auto desta data e é procedente, por imperativo do número 3 do mesmo artigo, ditar o presente decreto que sinala as medidas executivas, de localización e requirimento de pagamento, se é o caso.

Terceiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, unha vez declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, iso será base suficiente para considerar a súa pervivencia noutras execucións. Pode ditarse o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei, deben darse audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens de ser o caso. Por iso e á vista da insolvencia xa ditada contra a/s executada/s, adóptase a seguinte resolución.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e logo da estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Project Silicom Energy, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Juan Francisco Santos Dios e ao Fondo de Garantía Salarial, no prazo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens e do seu resultado acordarase o procedente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou os interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas nestes sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., deberá indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «31 Social-revisión de resolucións secretario/a xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separada por un espazo, a indicación «recurso» seguida de «31 Social-revisión de resolucións secretario/a xudicial». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes destes. A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Project Silicom Energy, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial