Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2016 Páx. 8040

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se modifica a Resolución do 14 de xaneiro de 2016, pola que se aproba a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2016.

Mediante Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 14 de xaneiro de 2016 aprobouse a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2016 (DOG núm. 20, do 1 de febreiro).

O anexo A da citada resolución establece a relación de tripulantes por embarcación autorizados a participar neste plan de aproveitamento.

Con data do 15 de febreiro de 2016, o patrón maior da Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo solicitou a modificación dun dos dous tripulantes autorizados da embarcación Espada, con matrícula 3ª VILL-3-9473.

Resolución.

Unha vez visto o exposto, acórdase a modificación dun dos dous tripulantes da embarcación Espada, con matrícula 3ª VILL-3-9473, do anexo A da Resolución do 14 de xaneiro de 2016, e pasan a ser tripulantes autorizados a participar neste plan os seguintes:

Embarcación

Matrícula

Participantes no plan

Espada

3ª VILL-3-9473

Jorge Rubio Collazo

Telmo Manuel Angueira Conde

Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro).

Pontevedra, 18 de febreiro de 2016

P.S. (Resolución do 19.11.2015)
Mª Dolores Bazán Arcay
Xefa do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental de Pontevedra