Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2016 Páx. 8036

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 21 de decembro de 2015 pola que se convocan para o ano 2016 as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas polo FSE, programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2016, a través da Resolución do 21 de decembro de 2015 (DOG núm. 248, do 30 de decembro), subvencións destinadas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para levar a cabo programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade que respondan a algún dos seguintes tipos:

a) Programa de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes con fillas ou fillos menores de tres anos, en situación de especial vulnerabilidade.

b) Programa de recursos integrais de atención personalizada e especializada para mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

A partida orzamentaria con cargo á que se financian estas subvencións ten un cofinanciamento do 80 % dos fondos FSE no programa operativo de Galicia 2014-2020.

O prazo e forma de presentación das solicitudes están regulados nos puntos 1 e 2 do artigo 7 da Resolución do 21 de decembro de 2015; no punto 3 deste mesmo artigo determínase a documentación que se xuntará ao anexo da solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita resolución de convocatoria polo órgano encargado da instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 9 da citada resolución establece, de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente requirirá a entidade solicitante para que, no prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa solicitude, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 42 da Lei 30/1992.

Así mesmo, tamén se indica que, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co establecido nos artigos 59, 60 e 61 da indicada Lei 30/1992, os citados requirimentos de emenda poderanse facer ben a través de notificación individualizada, ben mediante publicación no Diario Oficial de Galicia ou na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade, a cal producirá os mesmos efectos que a devandita notificación.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade a través da conta de correo promocion.igualdade@xunta.es ou do teléfono indicado no artigo 22 da resolución de convocatoria (981 54 53 74).

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2016

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO
Relación de solicitudes suxeitas a emenda

Núm. expediente

Entidade solicitante

NIF

Documentación requirida

2016/000001-0

Asociación Alar Galicia

G15775901

Anexo I e anexo II (a contía solicitada non coincide nos dous anexos)

Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional)

2016/000004-0

Asociación pola Igualdade e a Coeducación-Apico

G94088549

Anexo II

Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional)

2016/000006-0

Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural de Galicia-Afammer

G32282584

Anexo II

Anexo III (debidamente cuberto: a memoria debe presentarse obrigatoriamente neste anexo)

Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional)

2016/000009-0

Down Pontevedra Xuntos, Asociación Síndrome de Down

G36164887

Anexo II (non consta a contía solicitada)

2016/000011-0

Asociación Mirabal

G70312954

Anexo II

Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional)

2016/000017-0

Federación de Asociacións de Mulleres Anaral

G32362279

Anexo III (a temporalización do programa excede o período establecido na convocatoria)

2016/000019-0

Asociación Érguete Baixo Miño

G36124279

Acreditación da inscrición na área de igualdade do RUEPSS

Anexo III (o número de horas totais non coincide coa suma das horas dos/as profesionais indicadas nos anexos IV)

2016/000020-0

Asociación Diversidades

G27783950

Acreditación da representación que ten a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade

Anexo II (non consta a contía solicitada)

Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional)

2016/000021-0

Asociación de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer Tempus

G15681000

Anexo II

Anexo III (o anexo presentado non contén datos)

Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional)

2016/000034-0

Asociación Centinelas

G70390745

Anexo II debidamente asinado polo secretario e pola representante legal

Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional)

2016/000035-0

Unión General de Trabajadores de Galicia-UGT Galicia

G15383011

Anexo II debidamente asinado pola secretaria e pola representante legal

Anexos IV (debidamente asinados polo/a profesional e pola representante legal)

2016/000039-0

Fundación Mujeres

G80974702

Anexo II (debidamente asinado pola secretaria e pola representante legal)

Anexo III (debidamente cuberto: a memoria debe presentarse obrigatoriamente neste anexo; o número de horas supera o máximo establecido para un único profesional)

Anexo IV (o número de horas supera o máximo establecido para o período de 9 meses e inclúe tarefas non subvencionables)

2016/000040-0

Asociación de Empresarias de A Coruña

G15156573

Anexo II

Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional)

2016/000046-0

Asociación Dignidad Galicia

G15500853

Anexo I e II (indicar a contía solicitada, non horas)

Anexo III (o número de horas totais non coincide coa suma das horas dos/as profesionais indicadas nos anexos IV)

Anexo IV (na ficha número 3 falta o período e as horas de dedicación ao programa; o número de fichas non coincide co persoal relacionado no anexo III)

2016/000047-0

Asociación Patronato Concepción Arenal

G15030372

Aclaración respecto da concesión ou non doutras axudas para o programa solicitado

Anexo III (concretar colectivo de acordo coa disposición adicional única; a temporalización do programa excede o período establecido na convocatoria; o número de horas totais non coincide coa suma das horas dos/as profesionais indicadas nos anexos IV; o número de usuarias debe ser proporcional ao número de horas totais)

Anexos IV (fichas mal temporalizadas e a ficha número 2 inclúe tarefas non subvencionables)

2016/000048-0

Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica do Noroeste-Affinor

G70136841

Acreditación da inscrición na área de igualdade do RUEPSS

Anexo III (concretar colectivo de acordo coa disposición adicional única; o número de horas totais non coincide coa suma das horas dos/as profesionais indicadas nos anexos IV)

2016/000049-0

Down Ourense

G32311870

Anexo I (falta a denominación do programa)

Anexo II (falta a denominación do programa)

Anexo III (debidamente cuberto: a memoria debe presentarse obrigatoriamente neste anexo; o número de horas totais non coincide coa suma das horas dos/as profesionais indicadas nos anexos IV)

2016/000051-0

Asociación de Viúvas María Andrea

G32014334

Anexo I (falta a denominación do programa)

Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional)

2016/000052-0

Asociación de Amigos da Cultura e do Ocio Aires Nosos

G32369696

Anexo I (falta a denominación do programa)

Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional)

2016/000054-0

Asociación Xuvenil Integrados

G15973357

Anexo I (a denominación do programa non coincide coa indicada nos anexos II e III)

Anexo IV

2016/000056-0

Asociación Amicos

G15747678

Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional)

2016/000059-0

ONG Ecos do Sur

G15354483

Anexo I (falta a representación)

Anexo II

Anexo III

Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional)

2016/000063-0

Asociación Berenguela pola Igualdade

G70154794

Anexo III (debidamente cuberto: a memoria debe presentarse obrigatoriamente neste anexo tendo en conta, ademais, que deben concretar o colectivo de acordo coa disposición adicional única e temporalizar o programa con data completa; o número de horas totais non coincide coa suma das horas dos/as profesionais indicadas nos anexos IV)

Anexo IV (nas fichas deben indicar claramente o período de dedicación ao programa; a suma das horas das profesionais non coincide co número de horas totais indicado no anexo III)