Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2016 Páx. 8134

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2016 pola que se convocan as II Xornadas nacionais de aspectos criminolóxicos en materia de seguridade viaria.

A Academia Galega de Seguridade Pública anuncia a convocatoria das II Xornadas Nacionais de «Aspectos criminolóxicos en materia de seguridade viaria», de acordo coas seguintes bases:

1. Datos da actividade.

Denominación: II Xornadas nacionais de «Aspectos criminolóxicos en materia de seguridade viaria».

Tipo: xornada.

Edicións: 1.

Horas lectivas: 15.

Modalidade: presencial.

Programa:

– Presentación da 3ª edición do libro Aspectos criminolóxicos en materia de seguridade viaria.

– Traballos en beneficio da comunidade.

– A pedagoxía emocional da criminoloxía viaria.

– Existen diferenzas entre provincias nos trazos de personalidade asociados aos delincuentes viarias?

– Criminoloxía viaria, nova disciplina da criminoloxía. Condución agresiva.

– Seguridade viaria vs medios de comunicación.

– Xustiza restaurativa para vítimas e vitimarios.

– Perfilación criminal en sinistros viarios.

– Criminalística no sinistro viario.

– Operativa policial en delitos viarias.

– Permiso de conducir provisional e da UE: documentoscopia.

– Cultura e seguridade viaria.

– O novo proceso monitorio penal.

– Vítimas ou afectados.

– Criminalística viaria. Drogas e alcohol na condución.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as:

Persoal da Unidade da Policía Adscrita á Comunidade Autónoma, dos corpos de policía local de Galicia, da Garda Civil e da Policia Nacional, persoal de protección civil, dos servizos de emerxencia e interesados en xeral.

Prazas ofertadas:

Limitado ao aforamento.

3. Solicitudes de participación.

a) O persoal que desexe participar no curso convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.es

Non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

b) Prazo para a presentación de solicitudes: o prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 22 de marzo de 2016.

4. Formulario normalizado de solicitude.

a) Os formularios de solicitude a que se refire a base anterior serán obtidos e cubertos pola persoa solicitante necesariamente a través da páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública, que poden encontrar no enderezo da internet http://agasp.xunta.es

b) Para cubrir correctamente os formularios de solicitude, no citado enderezo da internet dispoñerase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes.

c) Os formularios poderán ser obtidos e cubertos ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

d) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Agasp a través do número de teléfono 886 20 61 10, do fax: 886 20 61 22 ou enderezo de correo electrónico formacion.agasp@xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

Criterios de selección:

Exclusivamente por orde de inscrición.

Listado de solicitudes seleccionadas:

O día 23 de marzo de 2016 a Academia Galega de Seguridade Pública publicará no sitio web http://agasp.xunta.es, as solicitudes de participación que resultasen seleccionadas segundo os criterios de selección mencionados anteriormente.

5. Desenvolvemento da actividade

Lugar: Agasp.

Datas: 31 de marzo e 1 de abril de 2016.

Horario: o 31 de marzo das 9.00 ás 14.00 e de 15.30 ás 20.00 e o 1 de abril das 9.00 ás 14.30 horas.

Uso da residencia: os/as alumnos poderán solicitar aloxamento na residencia da AGASP, sempre que se cumpran todas as condicións seguintes:

– A solicitude deberá facerse por escrito ao enderezo de correo electrónico:

formacion.agasp@xunta.es con, polo menos, 24 horas de antelación.

– Que haxa cuartos dispoñibles.

Certificado de asistencia:

Ao finalizar a actividade entregarase un certificado de asistencia a todas aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada a esta.

6. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado pola Orde da Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 4 de febreiro de 2009 (DOG núm. 30, do 12 de febreiro).

7. Modificacións e incidencias.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Agasp tamén poderá suprimir o curso, ampliar novas edicións deste ou suspendelo temporalmente, cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización, realización ou docencia.

A Estrada, 25 de febreiro de 2016

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública