Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 440/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Manuel Barciela López contra Servicios y Materiales, S.A. (Sermasa), Aliart Engineering, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Concello da Coruña, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:
«Xulgado do Social número 3 da Coruña
Reforzo
Sentenza: 44/2016
Xuíz: Javier López Cotelo
Procedemento: reclamación de cantidade 440/2013
Demandante: Jorge Manuel Barciela López
Letrado: Sra. Muruzábal Pérez
Demandado:
Sermasa
Letrado: Sra. Gutiérrez Espadas
Aliart Engineering, S.L.
Letrado:
Concello da Coruña
Letrada: Sra. Macías Mourelle
Sentenza nº 44/2016.
A Coruña, 11 de febreiro de 2016.
Resolución.
1. Estimo a demanda formulada por Jorge Manuel Barciela López fronte Servicios y Materiales, S.A. (Sermasa) e fronte ao Concello da Coruña e, en consecuencia, condeno solidariamente a estes últimos a aboar ao demandante a cantidade de 8.331,79 euros en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos, así como o xuro de mora do 10 %, de conformidade co artigo 29.3 do ET.
2. Desestimo a acción exercida por Jorge Manuel Barciela López fronte a Aliart Engineering, S.L.
Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.
Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.
Así o pronuncio, mando e asino».
Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.
E para que conste e sirva de notificación a Aliart Engineering, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.
A Coruña, 11 de febreiro de 2016
A secretaria xudicial