O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,
RESOLVO:
Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos de conformidade coas competencias da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio durante o terceiro cuadrimestre do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2016
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio
ANEXO
Convenios asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2015
Título |
Data de sinatura |
Importe (€) |
Convenio de cooperación educativa entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e a Universidade de A Coruña para a realización de prácticas académicas externas. |
1.9.2015 |
Non ten contido económico. |
Convenio marco de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e a Axencia Estatal de Meteoroloxía e Clima. |
30.9.2015 |
Non ten contido económico. |
Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e a Cámara Oficial Mineira de Galicia. |
14.12.2015 |
Non ten contido económico. |
Convenio de colaboración entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, coa Fundación Bancaria La Caixa, en materia de espazos naturais protexidos. |
15.12.2015 |
120.000,00€ |
Convenio de colaboración entre la Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Conservación da Natureza), a Deputación Provincial de Ourense, o Instituto Ourensano de Desarrollo Económico (Inorde), Cooperativas Orensanas Asociadas (Coren), Ecolagunas, S.L. e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, de participación do proxecto Regenera Limia. |
28.12.2015 |
2.053.808,00€ |
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Pantón. |
16.9.2015 |
45.892,19€ |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Pantón. |
19.11.2015 |
24.849,88€ |
Addenda do convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio a Fundación Galicia Sustentable para o Programa de participación cidadá na paisaxe Somos Paisaxe. |
31.12.2015 |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
Addenda de adhesión ao convenio de colaboración entre as comunidades autónomas de Castilla y León, Extremadura, Madrid, Aragón, Valencia e Principado de Asturias, e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, para o establecemento das licenzas interautonómicas de caza e de pesca en augas continentais para o seu ámbito territorial. |
17.11.2015 |
Non ten contido económico |