Eu, Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que no presente procedemento de MMC 1457/2013 se ditou a anterior:
Sentenza número 768.
Vigo, 11 de decembro de 2015
María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia) viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 1457/2013 sobre modificación de medidas, por instancia de Miguel Ángel Ledo Loyola, como demandante, representado polo procurador dos tribunais Javier Toucedo Rey e baixo a asistencia letrada de María Teresa Fernández Mediero, contra Inmaculada del Ver PDF, como demandado, declarado en situación de rebeldía procesual, sobre a base dos seguintes:
(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).
Decido:
Na demanda interposta polo procurador dos tribunais sr. Toucedo Rey, en nome e representación de Miguel Ángel Ledo Loyola, contra Ver PDF, declarada en situación de rebeldía procesual, estimo esta, acordándose a extinción da pensión de alimentos que o demandante debía satisfacer aos seus fillos Iris e David Ledo Medina.
As custas impóñense á parte demandada.
Modo de impugnación. Recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial. O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).
E para que conste e sirva de notificación a Ver PDF, expido e asino o presente edicto.
Vigo, 11 de xaneiro de 2016
A secretaria xudicial