Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2016 Páx. 8431

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2016 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2016 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, modificada pola Lei 10/1989, do 10 xullo, convócanse as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se detallan nos anexos desta resolución.

RESOLVO:

Publicar a convocatoria das actividades de formación continua en materia de idiomas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2016

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. Requisitos dos participantes

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución:

1. Os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que se encontran en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria para cada un dos casos do anexo II. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal os empregados públicos da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Así mesmo, os empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas autonómicas poderán acceder a todas as actividades formativas desta convocatoria en que queden prazas vacantes.

Toda persoa solicitante que ao inicio da actividade formativa estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <http://egap.xunta.es>.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <http://egap.xunta.es/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de actividades formativas que se pode solicitar limítase a tres.

4. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais das actividades. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro en que xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o alumnado pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

7. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

8. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

9. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.) de acordo cos criterios de selección deberán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao número de fax 981 54 63 39 ou ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>, sen prexuízo do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

10. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54, 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es> .

Cuarta. Presentación de documentación

Dentro do prazo de presentación de solicitudes establecido no punto 1 da base terceira, os empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas autonómicas que non poidan acceder ás convocatorias de formación continua deberán presentar na EGAP, xunto cunha copia do formulario de solicitude, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>, sen prexuízo do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), a seguinte documentación:

– Certificado expedido polo órgano responsable de persoal de que dependa a persoa solicitante que indique a súa situación administrativa, o tipo de persoal e a antigüidade na Administración. A falta de presentación destes documentos acreditativos dará lugar á exclusión da persoa solicitante.

Quinta. Criterios de selección

1. Proba de nivel nas actividades de idiomas de teleformación:

Durante o prazo de presentación de solicitudes todo o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que desexe solicitar algún dos niveis das actividades de lingua inglesa, francesa, alemá e portuguesa impartidas na modalidade de teleformación terá dispoñible unha proba de nivel orientativa. Esta proba non será necesaria para acceder ao nivel A1.

Para realizar a proba de nivel pode facelo accedendo á aula virtual da EGAP no enderezo <https://egap.xunta.es/aulavirtual/> utilizando o mesmo usuario e contrasinal que na zona de matrícula. Despois de realizar a proba de nivel poderá matricularse na actividades formativas que se correspondan con ese nivel.

2. Proba de nivel nas actividades de idiomas presenciais:

A proba de nivel estará dispoñible con anterioridade ao inicio da actividade para os efectos de seleccionar grupos o máis homoxéneos posibles.

Nestas actividades, as probas de nivel serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará da súa selección e da necesidade de realización da proba a través do correo electrónico e indicará as datas concretas, o horario e as características desta.

3. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos que o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo). Para o ano 2016, segundo a Resolución do 3 de febreiro (DOG do 12 de febreiro), comezarase pola letra O.

4. As vacantes que se produzan nos niveis das actividades de lingua inglesa e lingua alemá, impartidas na modalidade de teleformación, poderanse asignar a aqueles niveis en que exista máis demanda.

5. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso, poderá completarse o número de alumnos asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.es> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas.

O prazo de presentación de alegacións será de cinco días naturais desde a súa publicación.

Ademais, quen facilite os correspondentes datos na solicitude será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica. Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.6.b) da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.es> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima de tres días hábiles anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es> .

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e a puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante os responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

d) Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 75 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Realización de probas

a) Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final delas, tanto na modalidade de teleformación como nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

b) Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A asistencia á sesión presencial de apertura, se a houber.

– A adecuada realización de todas as actividades que o titor propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Para poder aprobar a actividade formativa, o alumnado deberá superar unha proba final de avaliación.

Novena. Certificado de aproveitamento

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

En caso de non superar a proba, tampouco se facilitará certificado de asistencia.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá nas actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Destinatarios

Modalidade

Datas

Data da proba
de avaliación

Horario

Portal de idiomas

FC16125

Lingua alemá A1

100

70

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

5.9.2016 a 14.11.2016

17.11.2016

Das 9.00 ás 15.00 horas

FC16126

Lingua alemá A2

50

70

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

5.9.2016 a 14.11.2016

17.11.2016

Das 9.00 ás 15.00 horas

FC16127

Lingua alemá B1

30

70

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

5.9.2016 a 14.11.2016

17.11.2016

Das 9.00 ás 15.00 horas

FC16128

Lingua alemá B2

20

70

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

5.9.2016 a 14.11.2016

17.11.2016

Das 9.00 ás 15.00 horas

FC16129

Conversa en inglés

15

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Santiago de Compostela

5.4.2016 a 7.7.2016

7.7.2016

Das 16.30 ás 18.30 horas (martes e xoves)

FC16129

Conversa en inglés

15

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Santiago de Compostela

6.4.2016 a 8.7.2016

8.7.2016

Das 16.30 ás 18.30 horas (luns e mércores)

FC16129

Conversa en inglés

15

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Santiago de Compostela

1.9.2016 a 1.12.2016

1.12.2016

Das 16.30 ás 18.30 horas (martes e xoves)

FC16129

Conversa en inglés

15

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Santiago de Compostela

5.9.2016 a 5.12.2016

5.12.2016

Das 16.30 ás 18.30 horas (luns e mércores)

FC16130

Inglés elemental (A2)

20

100

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Santiago de Compostela

5.4.2016 a 1.12.2016

1.12.2016

Das 18.30 ás 20.30 horas (martes e xoves)

FC16131

Inglés intermedio (B2)

20

100

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Santiago de Compostela

4.4.2016 a 30.11.2016

30.11.2016

Das 18.30 ás 20.30 horas (luns e mércores)

FC16132

Lingua francesa A1

20

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Santiago de Compostela

5.9.2016 a 1.12.2016

24.11.2016

Das 16.30 ás 18.30 horas (luns e mércores)

FC16132

Lingua francesa A1

20

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Santiago de Compostela

4.4.2016 a 29.6.2016

20.6.2016

Das 16.30 ás 18.30 horas (luns e mércores)

FC16133

Lingua francesa A1

100

150

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

4.4.2016 a 10.11.2016

14.11.2016

Das 9.00 ás 15.00 horas

FC16134

Lingua francesa A2

20

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Santiago de Compostela

4.4.2016 a 29.6.2016

20.6.2016

Das 18.30 ás 20.30 horas (luns e mércores)

FC16134

Lingua francesa A2

20

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Santiago de Compostela

5.9.2016 a 1.12.2016

24.11.2016

Das 18.30 ás 20.30 horas (luns e mércores)

FC16135

Lingua francesa A2

50

150

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

4.4.2016 a 10.11.2016

14.11.2016

Das 9.00 ás 15.00 horas

FC16136

Lingua francesa B1

30

150

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

4.4.2016 a 10.11.2016

14.11.2016

Das 9.00 ás 15.00 horas

FC16137

Lingua francesa B2

20

150

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

4.4.2016 a 10.11.2016

14.11.2016

Das 9.00 ás 15.00 horas

FC16139

Lingua inglesa A1.II

20

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

A Coruña

6.9.2016 a 1.12.2016

29.11.2016

Das 18.30 ás 20.30 horas (martes e xoves)

FC16139

Lingua inglesa A1.II

20

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Lugo

6.9.2016 a 1.12.2016

19.11.2016

Das 18.30 ás 20.30 horas (martes e xoves)

FC16139

Lingua inglesa A1.II

20

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Ourense

6.9.2016 a 1.12.2016

29.11.2016

Das 18.30 ás 20.30 horas (martes e xoves)

FC16139

Lingua inglesa A1.II

20

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Pontevedra

6.9.2016 a 1.12.2016

29.11.2016

Das 18.30 ás 20.30 horas (martes e xoves)

FC16139

Lingua inglesa A1.II

20

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Vigo

6.9.2016 a 1.12.2016

29.12.2016

Das 18.30 ás 20.30 horas (martes e xoves)

FC16139

Lingua inglesa A1.II

20

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Ferrol

6.9.2016 a 1.12.2016

29.11.2016

Das 18.30 ás 20.30 horas (martes e xoves)

FC16142

Lingua inglesa B1.II

20

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Ferrol

6.9.2016 a 1.12.2016

29.11.2016

Das 18.30 ás 20.30 horas (martes e xoves)

FC16142

Lingua inglesa B1.II

20

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Vigo

6.9.2016 a 1.12.2016

29.12.2016

Das 18.30 ás 20.30 horas (martes e xoves)

FC16142

Lingua inglesa B1.II

20

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Pontevedra

6.9.2016 a 1.12.2016

29.12.2016

Das 18.30 ás 20.30 horas (martes e xoves)

FC16142

Lingua inglesa B1.II

20

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Ourense

6.9.2016 a 1.12.2016

29.11.2016

Das 18.30 ás 20.30 horas (martes e xoves)

FC16142

Lingua inglesa B1.II

20

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Lugo

6.9.2016 a 1.12.2016

29.11.2016

Das 18.30 ás 20.30 horas (martes e xoves)

FC16142

Lingua inglesa B1.II

20

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

A Coruña

6.9.2016 a 1.12.2016

29.11.2016

Das 18.30 ás 20.30 horas (martes e xoves)

FC16145

Lingua francesa B1-atención ao público (intermedio)

20

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Santiago de Compostela

31.3.2016 a 30.6.2016

21.6.2016

Das 16.30 ás 18.30 horas (martes e xoves)

FC16147

Lingua portuguesa A1

100

150

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

4.4.2016 a 10.11.2016

15.11.2016

Das 9.00 ás 15.00 horas

FC16148

Lingua portuguesa A2

50

150

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

4.4.2016 a 10.11.2016

15.11.2016

Das 9.00 ás 15.00 horas

FC16149

Lingua portuguesa B1

30

150

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

4.4.2016 a 10.11.2016

15.11.2016

Das 9.00 ás 15.00 horas

FC16150

Lingua portuguesa B2

20

150

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

4.4.2016 a 10.11.2016

15.11.2016

Das 9.00 ás 15.00 horas

FC16151

Lingua inglesa A1

150

80

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

1.9.2016 a 17.11.2016

22-23.11.2016

Das 9.00 ás 15.00 horas

FC16152

Lingua inglesa A2

155

80

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

1.9.2016 a 17.11.2016

22-23.11.2016

Das 9.00 ás 15.00 horas

FC16153

Lingua inglesa B1

65

80

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

1.9.2016 a 17.11.2016

22-23.11.2016

Das 9.00 ás 15.00 horas

FC16154

Lingua inglesa B2

65

80

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

1.9.2016 a 17.11.2016

22-23.11.2016

Das 9.00 ás 15.00 horas

FC16155

Lingua inglesa C1

50

80

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

1.9.2016 a 17.11.2016

22-23.11.2016

Das 9.00 ás 15.00 horas

FC16156

Lingua inglesa C2

15

80

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

1.9.2016 a 17.11.2016

22-23.11.2016

Das 9.00 ás 15.00 horas