Antecedentes.
O psílido africano dos cítricos, Trioza erytreae Del Guercio, orixinario de África e amplamente distribuído nese continente, foi detectado en Europa inicialmente nos territorios insulares das Azores, Madeira e Canarias. En prospeccións oficiais realizadas durante o ano 2014 detectouse a presenza deste organismo nocivo dentro da Comunidade Autónoma de Galicia en varios concellos das provincias da Coruña e Pontevedra.
A Trioza erytreae Del Guercio é unha praga incluída na lista A2 da EPPO (European Plant Protection Organization) e a enfermidade que transmite, chamada Huanglongbing (HLB), causada pola bacteria Candidatus liberibacter africanus, está encadrada na lista A1 (EPPO, 2014), polo que ambos os dous son parasitos de corentena sometidos a regulación e, por tanto, é necesario tomar medidas para a súa erradicación e control.
Estes organismos nocivos tamén foron incluídos no anexo I do Real decreto 58/2005, do 21 de xaneiro, polo que se adoptan medidas de protección contra a introdución e difusión no territorio nacional e da Comunidade Europea de organismos nocivos para os vexetais ou produtos vexetais, así como para a exportación ou tránsito cara a terceiros países, mediante a Orde AAA/1703/2014, do 18 de setembro, pola que se modifican os anexos I, II, III, IV e V do Real decreto 58/2005.
A través da Resolución do 1 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, establecéronse as zonas demarcadas por presenza da praga de corentena denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos e adoptáronse medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.
En datas posteriores ás da publicación desta resolución producíronse novas deteccións deste organismo noutras zonas do territorio e debe aplicarse o establecido no punto 4 da mencionada resolución.
Por todo o anteriormente exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Establecer como zonas demarcadas pola existencia da praga denominada Trioza erytreae Del Guercio, psílido africano dos cítricos, na Comunidade Autónoma de Galicia as que se indican no anexo I e na listaxe de concellos e parroquias afectadas do anexo II desta resolución.
Segundo. Manter as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 1 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se establecen as zonas demarcadas por presenza da praga de corentena denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos e se adoptan medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2016
Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
ANEXO I
Figura 1. Mapa das zonas demarcadas de Trioza erytreae Del Guercio
ANEXO II
Listado de concellos e parroquias afectadas polas zonas demarcadas
de Trioza erytreae Del Guercio
Provincia
|
Comarca
|
Concello
|
Parroquias
|
A Coruña
|
Barbanza
|
Boiro
|
Todas
|
A Coruña
|
Barbanza
|
A Pobra do Caramiñal
|
Todas
|
A Coruña
|
Barbanza
|
Rianxo
|
Todas
|
A Coruña
|
Barbanza
|
Ribeira
|
Todas
|
A Coruña
|
Fisterra
|
Cee
|
A Ameixenda (Santiago), Brens (Santa Baia), Cee (Santa María) e Toba (Santo Adrán)
|
A Coruña
|
Fisterra
|
Corcubión
|
Todas
|
A Coruña
|
Fisterra
|
Dumbría
|
Buxantes (San Pedro)
|
A Coruña
|
Fisterra
|
Fisterra
|
Duio (San Vicenzo), San Martiño de Duio (San Martiño) e Sardiñeiro (San Xoán)
|
A Coruña
|
Muros
|
Carnota
|
Lariño (San Martiño), Lira (Santa María) e Santa Comba de Carnota (Santa Comba)
|
A Coruña
|
Muros
|
Muros
|
Todas
|
A Coruña
|
Noia
|
Lousame
|
Todas
|
A Coruña
|
Noia
|
Noia
|
Todas
|
A Coruña
|
Noia
|
Outes
|
Cando (San Tirso), Entíns (Santa María), O Freixo de Sabardes (San Xoán), Outes (San Pedro), Roo (San Xoán), San Cosme de Outeiro (San Cosme), Santo Ourente de Entíns (Santo Ourente) e Tarás (San Xián)
|
A Coruña
|
Noia
|
Porto do Son
|
Todas
|
A Coruña
|
O Sar
|
Dodro
|
Todas
|
A Coruña
|
O Sar
|
Padrón
|
Todas
|
A Coruña
|
O Sar
|
Rois
|
Augasantas (San Vicente), Buxán (San Xoán), Costa (San Miguel), Ermedelo (San Martiño), Leroño (Santa María), Oín (Santa María), Rois (San Mamede), Seira (San Lourenzo), Sorribas (San Tomé) e Urdilde (Santa María)
|
A Coruña
|
Santiago
|
Brión
|
Bastavales (San Xulián), Boullón (San Miguel), Luaña (San Xulián), Os Ánxeles (Santa María) e Viceso (Santa María)
|
A Coruña
|
Terra de Soneira
|
Camariñas
|
A Ponte do Porto (San Pedro e Camelle (O Espírito Santo)
|
A Coruña
|
Terra de Soneira
|
Vimianzo
|
A Ponte do Porto (San Pedro), Camelle (O Espírito Santo), Calo (San Xoán), Carantoña (San Martiño), Carnés (San Cristovo), Cereixo (Santiago) e Vimianzo (San Vicenzo)
|
Pontevedra
|
Caldas
|
Caldas de Reis
|
Todas
|
Pontevedra
|
Caldas
|
Catoira
|
Todas
|
Pontevedra
|
Caldas
|
Cuntis
|
Arcos (San Breixo), Couselo (San Miguel), Cuntis (Santa María), Estacas (San Fiz), Piñeiro (San Mamede), Portela (Santa Eulalia) e Troáns (Santa María)
|
Pontevedra
|
Caldas
|
Moraña
|
Amil (San Mamede), Cosoirado (Santa María), Gargantáns (San Martiño), Laxe (San Martiño), Rebón (San Pedro), Saiáns (San Salvador), San Lourenzo de Moraña (San Lourenzo) e Santa Xusta de Moraña (Santa Xusta)
|
Pontevedra
|
Caldas
|
Pontecesures
|
Pontecesures (San Xulián)
|
Pontevedra
|
Caldas
|
Portas
|
Todas
|
Pontevedra
|
Caldas
|
Valga
|
Todas
|
Pontevedra
|
O Baixo Miño
|
A Guarda
|
Todas
|
Pontevedra
|
O Baixo Miño
|
Oia
|
Todas
|
Pontevedra
|
O Baixo Miño
|
O Rosal
|
Todas
|
Pontevedra
|
O Baixo Miño
|
Tomiño
|
Amorín (San Xoán), Goián (San Cristovo), San Salvador de Tebra (San Salvador), Taborda (San Miguel) e Vilameán (San Bieito)
|
Pontevedra
|
O Condado
|
Mondariz
|
Mondariz (Santa Baia), Mouriscados (San Cibrán), Queimadelos (Santa María), Riofrío (San Miguel), Vilar (San Mamede) e Vilasobroso (San Martiño)
|
Pontevedra
|
O Condado
|
Mondariz-Balneario
|
Mondariz-Balneario (Nosa Señora de Lurdes)
|
Pontevedra
|
O Condado
|
Ponteareas
|
Arcos (San Breixo), Bugarín (Santa Cristina), Cumiar (Santo Estevo), Oliveira (Santiago), Pías (Santa Mariña), Ponteareas (San Miguel), Prado (San Nicolao) e San Lourenzo de Oliveira (San Lourenzo)
|
Pontevedra
|
O Morrazo
|
Bueu
|
Todas
|
Pontevedra
|
O Morrazo
|
Cangas
|
Todas
|
Pontevedra
|
O Morrazo
|
Marín
|
Todas
|
Pontevedra
|
O Morrazo
|
Moaña
|
Todas
|
Pontevedra
|
O Salnés
|
Cambados
|
Todas
|
Pontevedra
|
O Salnés
|
O Grove
|
Todas
|
Pontevedra
|
O Salnés
|
A Illa de Arousa
|
Todas
|
Pontevedra
|
O Salnés
|
Meaño
|
Todas
|
Pontevedra
|
O Salnés
|
Meis
|
Todas
|
Pontevedra
|
O Salnés
|
Ribadumia
|
Todas
|
Pontevedra
|
O Salnés
|
Sanxenxo
|
Todas
|
Pontevedra
|
O Salnés
|
Vilagarcía de Arousa
|
Todas
|
Pontevedra
|
O Salnés
|
Vilanova de Arousa
|
Todas
|
Pontevedra
|
Pontevedra
|
Barro
|
Todas
|
Pontevedra
|
Pontevedra
|
Campo Lameiro
|
Fragas (Santa Mariña), O Campo (San Miguel) e O Couso (San Cristovo)
|
Pontevedra
|
Pontevedra
|
Cotobade
|
Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Tenorio (San Pedro) e Viascón (Santiago)
|
Pontevedra
|
Pontevedra
|
Poio
|
Todas
|
Pontevedra
|
Pontevedra
|
Pontevedra
|
A Virxe do Camiño (Virxe do Camiño), Alba (Santa María), Bora (Santa Mariña), Campañó (San Pedro), Cerponzóns (San Vicente), Lérez (San Salvador), Lourizán (Santo André), Marcón (San Miguel), Mourente (Santa María), Pontevedra, Salcedo (San Martiño), Santa María de Xeve (Santa María), Tomeza (San Pedro), Verducido (San Martiño) e Xeve (Santo André)
|
Pontevedra
|
Pontevedra
|
Vilaboa
|
Cobres (Santo Adrán), Santa Comba de Bértola (Santa Comba), Santa Cristina de Cobres (Santa Cristina) e Vilaboa (San Martiño)
|
Pontevedra
|
Tabeirós-Terra de Montes
|
A Estrada
|
A Estrada (San Paio), A Somoza (Santo André), Barcala (Santa Mariña), Guimarei (San Xiao), Matalobos (Santa Baia), Ouzande (San Lourenzo), San Miguel de Barcala (San Miguel), San Xiao de Vea (San Xiao), Santo André de Vea (Santo André) e Toedo (San Pedro)
|
Pontevedra
|
Vigo
|
Baiona
|
Todas
|
Pontevedra
|
Vigo
|
Gondomar
|
Todas
|
Pontevedra
|
Vigo
|
Mos
|
Cela (San Pedro) e Tameiga (San Martiño).
|
Pontevedra
|
Vigo
|
Nigrán
|
Todas
|
Pontevedra
|
Vigo
|
Pazos de Borbén
|
Amoedo (San Sadurniño), Cepeda (San Pedro) e Nespereira (San Martiño)
|
Pontevedra
|
Vigo
|
O Porriño
|
Chenlo (San Xoán) e Pontellas (Santiago)
|
Pontevedra
|
Vigo
|
Redondela
|
Cabeiro (San Xoán), Cedeira (Santo André), Cesantes (San Pedro), Chapela (San Fausto), Negros (Santo Estevo), O Viso (Santa María), Quintela (San Mamede), Reboreda (Santa María), Redondela (Santiago), Saxamonde (San Román), Trasmañó (San Vicente) e Ventosela (San Martiño)
|
Pontevedra
|
Vigo
|
Soutomaior
|
Todas
|