Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 37, do 24 de febreiro de 2016, cómpre facer as seguintes correccións:
– Na páxina 6845, no parágrafo primeiro da letra n) do artigo 8, número 1.2.2, onde di: «n) Cando se produzan variacións de ingresos que supoñan unha diminución ou incremento de máis do 30 % no cómputo anual fronte aos que figuren na declaración do IRPF correspondente ao ano 2014, poderán presentarse outros documentos que acrediten oficialmente a situación económica», debe dicir: «n) Cando se produzan variacións de ingresos que supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20 % no cómputo anual fronte aos que figuren na declaración do IRPF correspondente ao ano 2014, poderán presentarse outros documentos que acrediten oficialmente a situación económica».
– Na páxina 6852, na letra b) do artigo 16, onde di: «b) Diminución ou incremento dos ingresos en máis do 30 % en cómputo anual respecto aos declarados na solicitude de praza ou, de ser o caso, nunha variación posterior. Estas variacións deberán ter unha duración dun mínimo de seis meses para ser tomadas en consideración e xustificaranse por medio da declaración do IRPF, dun certificado emitido pola AEAT ou por calquera outra documentación que, a xuízo da xefatura territorial da Consellería de Política Social, xustifique e permita un novo cálculo da renda per cápita de unidade familiar», debe dicir: «b) Diminución ou incremento dos ingresos en máis do 20 % en cómputo anual respecto aos declarados na solicitude de praza ou, de ser o caso, nunha variación posterior. Estas variacións deberán ter unha duración dun mínimo de seis meses para seren tomadas en consideración e xustificaranse por medio da declaración do IRPF, dun certificado emitido pola AEAT ou por calquera outra documentación que, a xuízo da xefatura territorial da Consellería de Política Social, xustifique e permita un novo cálculo da renda per cápita de unidade familiar».