Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 9 de marzo de 2016 Páx. 9018

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (373/2015).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamento en xeral 373/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Ramón Mouzo Mato contra a empresa Ángel Arturo Palacio Campo e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva xunta:

«Sentenza

Na cidade da Coruña, 18 de febreiro de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 373/2015. É parte nel, dun lado, como demandante, Ramón Mouzo Mato, asistido pola letrada Cristina Augusta Gómez Lozano, e como demandado Ángel Arturo Palacio Campo e Fogasa que non comparecen a pesar de ter sido citados en legal forma, sobre despedimento, pronunciou en nome de S.M. o rei, a seguinte sentenza

Resolución

Que, estimando a demanda interposta por Ramón Mouzo Mato contra a empresa Ángel Arturo Palacio Campo, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante, condenando a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 347,32 €. No caso de que opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden 12,63 €/día.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na “conta de depósitos e consignacións” que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Esténdoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, expídase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Ángel Arturo Palacio Campo, en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial