Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2016 Páx. 9101

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2016 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 29 de maio de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a actividades de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2015.

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 13 da Orde do 29 de maio de 2015, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a actividades de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2015, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da devandita orde para o ano 2015.

Obxecto da axuda: as axudas teñen como obxecto subvencionar as actividades de fomento da prevención de riscos laborais recollidas no artigo 4 da orde de referencia, que establece como actuacións subvencionables as seguintes:

Na liña 1, cun importe total de 300.000,00 euros, subvencionaranse programas de formación intersectorial en materia de prevención de riscos laborais de ámbito galego.

Na liña 2, cun importe total de 1.170.000,00 euros, subvencionaranse outras accións de fomento da prevención de riscos laborais, que deberán estar incluídas na seguinte relación:

Liña 2.1. De formación:

• Destinadas a formación específica sectorial en prevención de riscos laborais destinada a traballadores e traballadoras activos e en situación de desemprego, delegados e delegadas de prevención de empresas galegas preferentemente de entre 6 e 49 persoas traballadoras, recursos preventivos e traballadores e traballadoras designados en empresas de menos de 49 traballadores que asuman con medios propios a actividade preventiva da empresa.

Liña 2.2. Estudos e traballos técnicos relacionados coa seguridade e saúde laboral:

• De investigación e prospección para a análise da mellora das condicións de traballo en sectores concretos da actividade económica.

Liña 2.3. De difusión, sensibilización e intercambio de experiencias (conferencias, xornadas, seminarios e publicacións):

• Liña 2.3.1. Gabinetes técnicos sectoriais de difusión normativa e técnica, en relación coa Lei de prevención de riscos laborais e normativa de desenvolvemento.

• Liña 2.3.2. Accións divulgativas de sensibilización para investimento específico en prevención de riscos laborais e/ou de intercambio de experiencias e boas prácticas en seguridade e saúde laboral.

• Liña 2.3.3. Realización de materiais e ferramentas prácticas para implantar actuacións en seguridade e saúde laboral.

Norma reguladora: Orde do 29 de maio de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a actividades de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2015 (Diario Oficial de Galicia nº 108, do 10 de xuño).

Crédito orzamentario: 1.470.000,00 € (un millón catrocentos noventa mil euros) recollido na aplicación orzamentaria 2015.11.02.324B.481.1, código de proxecto 2015 00507, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015.

Beneficiarios da subvención e importe desta: véxase anexo.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2016

P.D. (Disposición adicional primeira da Orde do 29.5.2015)
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO
TR852A Beneficiarios 2015

Nº expediente

Entidade

NIF

Importe proposto

TR 852A/1

Aecalpo

G36274306

5.725,00

TR 852A/2

Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería da Coruña

G15083215

3.800,00

TR 852A/3

Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo

G27010081

40.000,00

TR 852A/5

Asociación Galega de Áridos-AGA

G36345718

27.190,00

TR 852A/6

Federación de Prazas de Abastos de Galicia (Fepragal)

G94023801

13.000,00

TR 852A/8

Asociación de Empresarios de Transporte Discrecionais de Mercadorías de Pontevedra

G36627719

6.416,00

TR 852A/9

Sindicato Nacional de Comisiones Obreras de Galicia (S.N. de CC.OO. de Galicia)

G15103112

139.200,00

TR 852A/10

Fearmaga

V36639284

17.015,00

TR 852A/13

Sindicato Labrego Galego

G27023951

30.840,00

TR 852A/14

Confederación Intersindical Galega (CIG)

G36706927

94.310,00

TR 852A/16

Federación Empresarial Gallega de Productores de Pesca (Fegapesca)

G27780360

75.000,00

TR 852A/18

Federación Galega de Parques Empresariais de Galicia (Fegape)

V15650369

24.300,00

TR 852A/19

Confederación de Empresarios de Lugo

G27019793

31.750,00

TR 852A/20

Asociación Galega de Empresas de Xardinería

G15728777

9.850,00

TR 852A/21

Organización de Produtores Artesanais de Galicia (Opaga)

G70004692

45.000,00

TR 852A/22

Fundación para la Pesca y el Marisqueo (Fundamar)

G27745397

50.500,00

TR 852A/23

Asociación Provincial de Empresarios de Transporte Frigorífico e Mercadorías de Pontevedra (Atefrimer)

G36636579

2.352,00

TR 852A/24

Unión Sindical Nacional de Galicia de la Unión Sindical Obrera (USO)

G15380033

43.054,80

TR 852A/27

FES UGT Galicia

G80957376

14.050,00

TR 852A/28

Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime)

G36614774

70.910,61

TR 852A/30

Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas empresas de Galicia (APE Galicia)

G36550630

16.550,00

TR 852A/32

Confederación de Empresarios da Coruña

G15029960

25.000,00

TR 852A/33

Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Pontevedra

G36614071

39.374,30

TR 852A/34

Confederación Empresarial de Ourense

G32012742

25.000,00

TR 852A/35

Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería y Turismo de Lugo

G27021005

11.228,00

TR 852A/36

Asociación de Empresas e Expertos de Seguridade de Galicia

G36748093

6.340,00

TR 852A/37

Unión General de Trabajadores de Galicia (UGT Galicia)

G15383011

136.738,00

TR 852A/38

Asociación de Traballadores por Conta Propia de Galicia (ATA Galicia)

G15812811

20.000,00

TR 852A/39

Federación Galega de Transportes de Mercadorías (Fegatramer)

G15086358

6.730,00

TR 852A/40

Federación Gallega de Asociaciones de Transporte de Viajeros en Autocar

G15640808

4.303,00

TR 852A/42

Organización de Empresas Prestadoras de Servicios Sociales (OEPSS)

G70239496

15.000,00

TR 852A/43

Asociación de Instaladores Eléctricos e de Telecomunicacións de Ourense e Provincia (Instalectro)

G32111155

5.870,17

TR 852A/44

Confederación de Empresarios de Galicia

G15080476

150.000,00

TR 852A/45

Fundación Laboral de la Construcción

G80468416

61.350,00

TR 852A/46

Confederación de Empresarios de Pontevedra

G36615219

11.200,00

TR 852A/47

Federación Galega de Asociacións Empresariais e Profesionais de Transporte (Fegatrans)

G32400293

6.683,38

TR 852A/50

Central Sindical e Independiente de Funcionarios (CSI-F Galicia)

G70228713

44.940,00

TR 852A/52

Federación Gallega de Asociaciones Provinciales de Fontanería, Calefacción, Gas, Climatización (Fegafon)

G15435969

12.800,00

TR 852A/54

Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos (Ageinco)

G36942720

8.340,00

TR 852A/55

Asociación Clúster del Granito

G36644961

3.682,80

TR 852A/56

Autónomos de Galicia (Auga)

G15798465

23.640,00

TR 852A/57

Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra

G36614907

7.324,94

TR 852A/58

Asociación Provincial de Empresarios de Construcción y Obras Públicas

G32015828

46.500,00

TR 852A/59

Unións Agrarias-UPA

G15115322

37.142,00

Total xeral

1.470.000,00