Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2016 Páx. 9099

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 24 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións ás entidades asociativas, ás oficinas locais e a outras entidades colaboradoras da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, cofinanciadas parcialmente co FSE, e se convocan para o ano 2015 (Diario Oficial de Galicia número 83, do 5 de maio).

En cumprimento do disposto no artigo 8.4 da Orde do 24 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións ás entidades asociativas, ás oficinas locais e a outras entidades colaboradoras da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, cofinanciadas parcialmente co FSE, e se convocan para o ano 2015 (DOG nº 83, do 5 de maio), resolvo que se proceda á publicación das subvencións concedidas que se indican no anexo, cun importe total de 862.116,03 euros, con cargo ás aplicacións: 11.02.324A.481.1, 11.02.324A.460.0 e 11.02.324A.481.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2015.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Programa I: fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais

Aplicación: 11.02.324A.481.1

Entidade beneficiaria

Contía

Unión de Cooperativas de Traballo Asociado (Ugacota)

199.358,00

Federación de Empresas Cooperativas-Sinerxia

75.191,70

Unión de Cooperativas do Ensino de Traballo Asociado de Galicia (UCETAG)

108.963,36

Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal)

28.369,97

Agrupación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca)

243.888,76

Unión de Cooperativas do Mar de Galicia (Ugacomar)

5.584,00

Ucogatra U. Coop.

18.432,24

Programa II: oficinas locais de fomento cooperativo

Aplicación: 11.02.324A.460.0

Entidade beneficiaria

Contía

Agrup. de Concellos da Bola, Allariz, Maceda e Taboadela

7.440

Agrup. de Concellos de Mazaricos, Carnota, Dumbría, Muxía, Vimianzo e Camariñas

11.400

Agrup. de Concellos da Veiga, Manzaneda, O Bolo e Viana do Bolo

28.000

Agrup. de Concellos de Nogueira de Ramuín, Esgos, Parada de Sil, X. Ambía e X. Espadanedo

7.280

Agrup. de Concellos de Calvos de Randín, Entrimo, Porqueira e Sarreaus

6.000

Agrup. de Concellos de Sarria, Triacastela, Láncara e Paradela

7.600

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

9.200

Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes

32.700

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

6.000

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

8.670

Mancomunidade de Terras de Celanova

11.600

Consorcio As Mariñas

7.240

Programa III: apoio ás entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades no marco da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Aplicación: 11.02.324A.481.2

Entidade beneficiaria

Contía

Asociación Plataforma polo Emprego

3.613,00

Confederación de Empresarios da Coruña

5.439,82

Federación Galega de Confrarías de Pescadores

2.400,00

Fundación Ronsel

2.353,96

Apetamcor

4.800,00

Fundación Coren

4.000,00

Asoc. Intersectorial e Interterritorial de Autónomos y Pequeñas Empresas de Galicia

6.331,22

Equal, S. Coop. Galega

3.200,00

Federación de Empresarios da Barbanza

4.000,00

Asoc. Desarrollo Rural Mariñas-Betanzos

3.060,00