Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2016 Páx. 9114

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (550/2014).

Patricia Raposo Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 2 de Pontevedra polo presente, fago saber:

No presente procedemento de xuízo verbal seguido por instancia de María Teresa Prado Troitiño fronte a Marta Dionisio Rodríguez ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza nº 215/15.

En Pontevedra, 15 de decembro de 2015.

Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primera Instancia número 2 de Pontevedra os presentes autos de xuízo verbal seguidos neste xulgado co número 550/2014 por instancia de María Teresa Prado Troitiño, representada pola procuradora Sra. Gerpe Álvarez e baixo a dirección legal da letrada Sra. Gil García, fronte a Marta Dionisio Rodríguez, en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade.

Decido:

Que estimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Gerpe Álvarez en nome e representación de María Teresa Prado Troitiño contra Marta Dionisio Rodríguez e condeno a Marta Dionisio Rodríguez a pagar a María Teresa Prado Troitiño a suma de 12.855 euros, e ao aboamento do xuro legal de 5.445 euros desde o 18 de xuño de 2014, e da cantidade de 7.410 euros, desde o 27 de outubro de 2014; en ambos os dous casos ata a data desta resolución, e, desde esta, os xuros sinalados no artigo 576 da LAC.

As costas procesuais impóñense a Marta Dionisio Rodríguez.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, prevíndoos de que contra esta cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días ante este xulgado.

E encontrándose a devandita demandada, Marta Dionisio Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 16 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial