Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2016 Páx. 9112

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (609/2015).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 609/2015 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Cárnicas Ruel, S.L., Mutua Asepeyo e Eva García Váquez sobre outros dereitos Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Estimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Vigo, do 8 de setembro de 2014 en autos nº 780/2013, que revogamos no sentido de deixar sen efecto a declaración de responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social que contén, e confirmámola nos seus demais pronunciamentos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao Libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Cárnicas Ruel, S.L, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 19 de febreiro de 2016

Letrada da Administración de xustiza