Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2016 Páx. 9117

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (267/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 267/2015 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de María Jesús Souto Balo contra a Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores e o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), se ditou a seguinte resolución:

Decreto: 65/2016.

Execución de títulos xudiciais 267/2015.

Procedemento de orixe: despedimento obxectivo individual 361/201.

Sobre: despedimento.

Decreto:

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela, dezanove de febreiro de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito:

Primeiro. María Jesús Souto Balo presentou solicitude de execución do Decreto nº 445/15, ditado no DOI 361/15, fronte á Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores e o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) e, atendendo á dita solicitude, con data do 11.11.2015, este órgano xudicial ditou auto en que despachaba orde xeral de execución pola cantidade de 8.620,08 euros de principal (3.985,03 euros de indemnización + 4.213,69 euros de salarios + 421,36 euros de xuros) e de 862 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada, Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores, realizada por decreto do 27.1.2015, ditado por este órgano xudicial na ETX 195/14 e na acumulada ETX 251/14.

Terceiro. Para cumprir o requisito que se contén no artigo 276.3 da LXS, ditouse con data do 11.11.2015 decreto en que se daba audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalasen, se é o caso, a existencia de novos bens co resultado que consta en autos.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, unha vez declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, iso será base suficiente para aceptar a súa pervivencia noutras execucións, así poderase ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei e debe darse audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens.

Segundo. Na presente executoria cumpríronse os requisitos e trámites de indagación de bens establecidos nos artigos 250 e 276 da LXS, que supón concluír respecto da executada a pervivencia da situación de insolvencia ao non se coñeceren novos bens daquela sobre os cales facer efectivas as actividades de execución, polo que procede, cumprindo o efecto previsto no artigo 276.2 da LXS, declarar a insolvencia total, que se deberá entender provisional para todos os efectos, ata que se lle coñezan novos bens ao executado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada, Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores, en situación de insolvencia total por importe de 8.620,08 euros de principal (3.985,03 euros de indemnización + 4.213,69 euros de salarios + 421,36 euros de xuros) e de 862 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as súas custas, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez asine a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo a indicación «recurso», seguida do «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes destes. A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma á Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores, en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial