Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2016 Páx. 9120

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (219/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 219/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra D. M. García Lamela R. M. Núñez Mayo se ditou a seguinte resolución:

Decreto: 721/2015.

ETX execución de títulos xudiciais 219/2015.

Procedemento orixe: procedemento ordinario 1199/2010.

Sobre: ordinario.

Demandante: Fundación Laboral de la Construcción.

Avogado: Adrián Núñez Fernández.

Demandados: D. M. García Lamela R. M. Núñez Mayo.

Decreto:

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2015.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A Fundación Laboral de la Construcción presentou demanda de execución fronte a D. M. García Lamela R. M. Núñez Mayo.

Segundo. Ditouse auto en que se despachou execución en data do 17.9.2015 por un total de 95,33 euros de principal [92,53 euros en concepto de cantidades debidas + 2,80 euros en concepto de custas (dentro do límite máximo de 600 euros fixados pola sentenza)], máis outros 9,53 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Non se encontraron bens susceptibles de traba e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial.

Cuarto. Das actuacións practicadas non se obtivo cantidade ningunha. Deuse audiencia ao Fondo de Garantía Salarial tras o resultado negativo do resto de indagacións realizadas.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, de non terse coñecemento da existencia de bens suficientes do executado en que facer traba e embargo, se practicarán as indagacións procedentes e, de seren infrutuosas, total o parcialmente, a secretaria xudicial da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar os executados D. M. García Lamela R. M. Núñez Mayo en situación de insolvencia total por importe de 95,33 euros de principal [92,53 euros en concepto de cantidades debidas + 2,80 euros en concepto de custas (dentro do límite máximo de 600 euros fixados pola sentenza)], máis outros 9,53 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se, no sucesivo, se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. Deberá indicar no campo concepto, «recurso» seguida do código «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso» seguida do «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/a secretario/a xudicial.

E, para que sirva de notificación para os efectos publicitarios a D. M. García Lamela R. M. Núñez Mayo, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial