Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2016 Páx. 9313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 23 de febreiro de 2016, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se require a retirada dos mobles da vivenda desocupada, cuxa titularidade é deste instituto, situada no poboado mineiro de Fontao, bloque 3, vivenda 23, Alt C-D, en Vila de Cruces, a aquelas persoas que acrediten o seu dereito a eles (expediente PO-2001NR/01, conta 23).

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, requíreselles a aquelas persoas que puidesen ter dereito sobre os mobles que se atopan na vivenda desocupada, cuxa titularidade é do IGVS, situada no Poboado mineiro de Fontao, bloque 3, vivenda 23, Alt C-D, en Vila de Cruces, Pontevedra, para que, unha vez acreditado, os retiren do inmoble no prazo de quince días a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo, consideraranse bens abandonados para todos os efectos, segundo o establecido no artigo 703.1ª da Lei de axuizamento civil. A eficacia deste anuncio queda supedita á súa publicación no TEU do BOE.

Para proceder á entrega dos utensilios deberanse dirixir á Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, núm. 7, 36071 Pontevedra, teléfono 986 80 56 18).

Expido, asino e selo este anuncio.

Pontevedra, 23 de febreiro de 2016

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra