Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao descoñecerse o domicilio de notificación da interesada que se indica a continuación, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).
O expediente relacionado atópase á disposición da interesada para que, de ser o caso, poida consultalo na Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 2º, 32004, Ourense.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
O que se notifica de acordo coa normativa indicada.
Ourense, 19 de febreiro de 2016
Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Nº expediente |
Interesada |
NIE |
OU-2015/00043 |
Hilda Faviola Genao de Olivo |
Y2711733R |