Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2016 Páx. 9385

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros. Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 20, do 1 de febreiro de 2016, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 3559, no artigo 37, debe incluírse a Orde do 21 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2014 (DOG nº 151, do 11 de agosto), co que a redacción do citado artigo debe ser a seguinte:

«Artigo 37. Beneficiarios

No ano 2016 poderán solicitar o pagamento da prima de mantemento aqueles beneficiarios que a teñen concedida sobre a base das seguintes ordes reguladoras e coas condicións indicadas:

1. Orde do 9 de maio de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias (DOG nº 93, do 15 de maio). Unicamente para os expedientes en que se efectuou o aboamento da certificación final dos traballos da reforestación a partir do 1 de xaneiro de 2010 e que lles corresponda no ano 2016.

2. Orde do 11 de xuño de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas (DOG nº 116, do 18 de xuño). Unicamente para os expedientes en que se efectuou o aboamento da certificación final dos traballos da reforestación a partir do 1 de xaneiro de 2010 e que lles corresponda no ano 2016.

3. Orde do 28 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas (DOG nº 27, do 7 de febreiro).

4. Orde do 30 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias (DOG nº 34, do 18 de febreiro).

5. Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento das frondosas caducifolias e se convocan para o exercicio orzamentario 2009 (DOG nº 41, do 27 de febreiro).

6. Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e se convocan para o exercicio orzamentario 2009 (DOG nº 50, do 12 de marzo).

7. Orde do 17 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2011 (DOG nº 123, do 28 de xuño).

8. Orde do 10 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2013 (DOG nº 177, do 17 de setembro). Unicamente beneficiarios das axudas da liña II: primeira forestación de terras non agrícolas con castiñeiro para froito.

9. Orde do 21 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2014 (DOG nº 151, do 11 de agosto)».

Na páxina 3581, na disposición adicional sexta debe incluirse entre a normativa de aplicación na tramitación da prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e para o fomento das frondosas caducifolias, a citada Orde do 21 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2014 (DOG nº 151, do 11 de agosto), co que a redacción da citada disposición adicional sexta debe ser a seguinte:

«Disposición adicional sexta. Normativa de aplicación na tramitación da prima anual de Mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e para o fomento das frondosas caducifolias

Así mesmo, para os efectos da tramitación da prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias tamén será de aplicación o establecido nas correspondentes bases reguladoras que se citan a seguir:

a) Orde do 9 de maio de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias (DOG nº 93, do 15 de maio).

b) Orde do 11 de xuño de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas (DOG nº 116, do 18 de xuño).

c) Orde do 28 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas (DOG nº 27, do 7 de febreiro).

d) Orde do 30 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias (DOG nº 34, do 18 de febreiro).

e) Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento das frondosas caducifolias e se convocan para o exercicio orzamentario 2009 (DOG nº 41, do 27 de febreiro).

f) Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e se convocan para o exercicio orzamentario 2009 (DOG nº 50, do 12 de marzo).

g) Orde do 17 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2011 (DOG nº 123, do 28 de xuño).

h) Orde do 10 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007/2013, e se convocan para o ano 2013 (DOG nº 177, do 17 de setembro).

i) Orde do 21 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2014 (DOG nº 151, do 11 de agosto)».