Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2016 Páx. 9389

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2016 pola que se convoca un congreso denominado Os novos retos da seguridade privada.

A Academia Galega de Seguridade Pública, de acordo co plan de formación aprobado polo seu Consello Reitor do 11 de febreiro de 2016, anuncia a convocatoria dun congreso denominado «Os novos retos da seguridade privada», de acordo coas seguintes bases:

1. Datos da actividade.

Denominación: Os novos retos da seguridade privada.

Tipo: congreso.

Edicións: 1.

Horas lectivas: 8.

Modalidade: presencial.

Obxectivos.

– Analizar a nova lei de seguridade privada.

– Desenvolver as novas liñas de traballo para o sector.

– Expoñer o novo papel da seguridade privada respecto á seguridade pública.

Programa.

9.30-10.00 horas. Recepción e acreditación de asistentes.

10.00-10.30 horas. Inauguración.

10.30-11.30 horas. A Lei de seguridade privada.

12.00-13.30 horas. Novas ferramentas para a elaboración de plans de emerxencia e evacuación.

13.30-14.00 horas. A afectación de dereitos fundamentais por actividades de seguridade privada, especial referencia á videovixilancia e á utilización de cámaras fixas e móbiles.

15.30-17.00 horas. Os gardas particulares de campo ante a nova lei de seguridade privada e o seu papel preventivo ambiental.

17.30-18.45 horas. Mesa redonda: colaboración e coordinación entre seguridade pública e seguridade privada.

18.45 horas. Conclusións e clausura.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as.

Persoal de seguridade privada, gardas rurais e especialidades, garda civil, policía nacional e público interesado en xeral.

Prazas ofertadas.

Limitado á capacidade máxima (400 persoas).

3. Solicitudes de participación.

a) O persoal que desexe participar no congreso convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.es.

Non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

b) Prazo para a presentación de solicitudes: o prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 30 de marzo de 2016.

4. Formulario normalizado de solicitude.

a) Os formularios de solicitude a que se refire a base anterior serán obtidos e cubertos pola persoa solicitante necesariamente a través da páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública, que poden encontrar no enderezo da internet http://agasp.xunta.es .

b) Para cubrir correctamente os formularios de solicitude, no citado enderezo da internet dispoñerase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes.

c) Os formularios poderán ser obtidos e cubertos ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

d) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Agasp a través do número de teléfono 886 20 61 10, do fax: 886 20 61 22 ou enderezo de correo electrónico formacion.agasp@xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

Criterios de selección.

Exclusivamente por orde de inscrición.

Lista de solicitudes seleccionadas.

O día 1 de abril de 2016 a Academia Galega de Seguridade Pública publicará no sitio web http://agasp.xunta.es as solicitudes de participación que resultasen seleccionadas segundo os criterios de selección mencionados anteriormente.

5. Desenvolvemento da actividade.

Lugar: Agasp.

Datas: 6 de abril de 2016.

Horario: 9.30 a 20.00 horas.

Certificado de asistencia.

Ao finalizar a actividade entregarase un certificado de asistencia a todas aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada.

6. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado por Orde da Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 4 de febreiro de 2009 (DOG núm. 30, do 12 de febreiro).

7. Modificacións e incidencias.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Agasp tamén poderá suprimir o curso, ampliar novas edicións deste ou suspendelo temporalmente cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización, realización ou docencia.

A Estrada, 2 de marzo de 2016

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública